DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Catálogo e vaixela Portomarínica de Cerámicas do Castro

 

Santiago de Compostela, 1920 – A Coruña, 2012

Creador multidisplinar.

Catálogo e vaixela Portomarínica de Cerámicas do Castro

Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane verán en Sargadelos unha das grandes frustracións de Galicia, á vez que unha posibilidade de enorme potencial. De Sargadelos atraíaos que fose o primeiro proxecto capaz de introducir en Galicia sistemas industriais de produción en serie, incluído o deseño. Desde entón, a recuperación da actividade industrial en Sargadelos foi un tema primordial para o Laboratorio de Formas, e unha das principais razóns da súa existencia, como podemos advertir ao atender ás súas pautas principais: conservar o significado da vella iniciativa de Ibáñez —aproveitar os recursos naturais da comarca—; profundar na concepción ética que Ibáñez tiña da empresa como unha asociación de recursos para satisfacer necesidades fronte a unha empresa entendida como asociación de intereses para especular cos recursos e as necesidades; deseñar unha cerámica do seu tempo rexeitando calquera tentación de facer un refrito da vella louza do século xix; simbolizar a recuperación de Sargadelos como modelo de industrialización para Galicia e da superación das súas frustracións históricas; e investir os beneficios da actividade industrial en investigación tecnolóxica, de deseño, histórica e cultural.