DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Novillo, Cruz

 

ABC Animal / Zodíaco

Fabricante: 
Fósforos del Pirineo

Fósforos do Pirineo, 1968.
Caixas de mistos, 5’2 x 3’5 cm c/u.

No 1968 Cruz Novillo comezará a deseñar as coloridas caixas de mistos da empresa Fósforos del Pirineo dunha maneira radical no seu desenfado e sentido do humor. Nun guiño aos libros-obxecto realizados uns anos atrás por Celestino Piatti, aínda que moito máis gráfico, Cruz Novillo realizará o seu Abecedario Animal, encargándose doutras coleccións da marca como Calendario, Zodíaco ou Circo, mentres o seu compañeiro de estudio de entón, Fernando Olmos, realizará outras series. Estos traballos de Cruz Novillo serán reseñados no número 144 da revista Graphis. As caixas de mistos vendíanse soltas ou en gupos de doce, un traballo innovador para a súa época e de grande incidencia no cotiá.