DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Satué, Enric

 

Barcelona,1938

Premio Nacional de Deseño en 1988.

Cartel oficial dos Xogos Olímpicos de Barcelona ’92

Cartel oficial dos Xogos Olímpicos de Barcelona ’92

É este un dos carteis máis recoñecibles dos anos noventa, grazas á extraordinaria difusión que se lle deu dende o Comité Olímpico Internacional e o Ajuntament de Barcelona. Os Xogos Olímpicos de Barcelona ’92 e a celebración da Expo de Sevilla no mesmo ano supuxeron aos ollos do mundo a entrada de España na Modernidade. De entre ambos acontecementos, as Olimpiadas de Barcelona foron un fito a nivel deportivo e a súa imaxe gráfica —realizada por Josep M. Trias co seu estudio Quod— co seu símbolo e logotipo, e sobre todo a súa mascota Cobi —realizada por Javier Mariscal—, alonxada dos canons e cunha simpática e amable personalidade que lle permitiu afianzarse para lograr se manter na memoria colectiva, serán paradigmas do que é un bo traballo de comunicación. Este cartel de Enric Satué é a terceira pata deste éxito sen precedentes do deseño español, que fixo que moitos cidadáns comezasen a coñecer o nome dos deseñadores e entendesen o deseño como motor económico. Conta o seu autor que os seus fillos lle axudaron a combinar as cores olímpicas nos dedos das mans, achando interesantes asociacións para incorporalas ao cartel orixinal.

 

Barcelona,1938

Premio Nacional de Deseño en 1988.

Revista CAU

Colegio Oficial de Aparejadores y Arquitectos Técnicos de Cataluña y Baleares. Número cero

CAU fue la revista que el Colegio Oficial de Aparejadores y Arquitectos Técnicos de Cataluña y Baleares comenzó a publicar en el mes de marzo de 1970. Dirigida por Jordi Sabartés, CAU debe su nombre a las siglas de Construcción, Arquitectura y Urbanismo. Tanto por sus contenidos como por su diseño se destacará entre las publicaciones técnicas del momento. En su número cero, dedicado al turismo, se puede advertir cómo su diseñador Enric Satué —vecino de puerta del subdirector de la publicación, Francesc Serrahima, lo que facilitó la conexión—, abandona los clichés gráficos de las publicaciones sobre arquitectura de la época y asume el pop y el conceptual como principales apuestas formales, con una maquetación que se construye en función de las imágenes, cuidadas e impactantes, con desplegables, troquelados, imágenes a sangre, collages, pósters, etc. Sobre su maqueta, Daniel Giralt-Miracle escribirá que supuso la entrada del diseño contemporáneo en la época. Retos visuales para ilustrar páginas capaces de reunir a colaboradores como Manuel Vázquez Montalbán o Cirici Pellicer.

 

Barcelona, 1938. Premio Nacional de Deseño en 1988.

Barcelona´92

É este un dos carteis máis recoñecibles dos anos noventa, grazas á extraordinaria difusión que se lle deu dende o Comité Olímpico Internacional e o Ajuntament de Barcelona. Os Xogos Olímpicos de Barcelona’92 e a celebración da Expo de Sevilla no mesmo ano supuxeron aos ollos do mundo a entrada de España na Modernidade. De entre ambos acontecementos, as Olimpiadas de Barcelona foron un fito a nivel deportivo e a súa imaxe gráfica —realizada por Josep M. Trias co seu estudio Quod— co seu símbolo e logotipo, e sobre todo a súa mascota Cobi —realizada por Javier Mariscal—, alonxada dos canons e cunha simpática e amable personalidade que lle permitiu afianzarse para lograr se manter na memoria colectiva, serán paradigmas do que é un bo traballo de comunicación. Este cartel de Enric Satué é a terceira pata deste éxito sen precedentes do deseño español, que fixo que moitos cidadáns comezasen a coñecer o nome dos deseñadores e entendesen o deseño como motor económico. Conta o seu autor que os seus fillos lle axudaron a combinar as cores olímpicas nos dedos das mans, achando interesantes asociacións para incorporalas ao cartel orixinal.