DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

España

 

A Coruña, 1921 – 2013

Artista plástica e deseñadora.

Vaixela infantil

Fabricante: 
Sargadelos

A cerámica en Galicia é un territorio que leva a marca de Cerámicas do Castro e Sargadelos. As dúas empresas contrataron numerosas mulleres do rural e traballaron con man de obra fundamentalmente femenina nas decoracións. Todos coñecemos o importante labor que realizaron Isaac Díaz Pardo, Luis Seoane ou Xosé Vizoso, pero a de Carmen Arias —Mimina— pasou máis desapercibida malia debérenselle achegas importantes, como algunhas das estupendas ilustracións das vaixelas infantís. Carmen Arias asistira a clases de pintura con Lolita Díaz Baliño, pero a súa familia —que desaprobaba a súa relación con Isaac Díaz Pardo debido a sua ideoloxía—non lle permitiu continuar os estudos que iniciara en Madrid, polo que non puido acabar Belas Artes. De Carmen Arias son algúns dos primeiros deseños de Cerámicas do Castro e será quen impulse o taller de xoiería de Sargadelos, sempre mostrando o seu compromiso con Galicia.

 

A Coruña. 1977

Diseñador gráfico.

Pictogramas Olímpicos para The Washington Post

 

Santiago de Compostela, 1920 – A Coruña, 2012

Creador multidisplinar.

Catálogo e vaixela Portomarínica de Cerámicas do Castro

Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane verán en Sargadelos unha das grandes frustracións de Galicia, á vez que unha posibilidade de enorme potencial. De Sargadelos atraíaos que fose o primeiro proxecto capaz de introducir en Galicia sistemas industriais de produción en serie, incluído o deseño. Desde entón, a recuperación da actividade industrial en Sargadelos foi un tema primordial para o Laboratorio de Formas, e unha das principais razóns da súa existencia, como podemos advertir ao atender ás súas pautas principais: conservar o significado da vella iniciativa de Ibáñez —aproveitar os recursos naturais da comarca—; profundar na concepción ética que Ibáñez tiña da empresa como unha asociación de recursos para satisfacer necesidades fronte a unha empresa entendida como asociación de intereses para especular cos recursos e as necesidades; deseñar unha cerámica do seu tempo rexeitando calquera tentación de facer un refrito da vella louza do século xix; simbolizar a recuperación de Sargadelos como modelo de industrialización para Galicia e da superación das súas frustracións históricas; e investir os beneficios da actividade industrial en investigación tecnolóxica, de deseño, histórica e cultural.

 

Bilbao, 1971

Fotógrafo

Verde Barro

Na pintura de Alejandro Botubol a quietude é a anamnesis do clásico, do resolto en perfecta orde, pero a exégesis do seu traballo desvélase no contrario, na emoción que se confronta como condición do non resolto, dese lugar capaz de vibrar na mirada. Por iso reivindica o achado serendípico dos seus atardeceres no seu estudo, cando a cor treme e a luz asómase para retirarse. Os seus Tapes son bodegóns de cintas —de carrocero, de embalar, americana de cores…—, pero son naturezas mortas que se sitúan nunha paisaxe de cor feita luz, unhas imaxes mentais ou construcións sensibles que son moito máis que fondos, distanciándonos da aparencia nunha persecución moi consciente da atmosfera desexada —quizais rememorando os seus inicios na pintura au plein air—. A cor é así o son interior destas Tapes, a sutil densidade da memoria do estudo. Se en anteriores traballos foron eclipses e paisaxes, nas súas obras máis recentes estas cintas son unha sorte de imaxinería que conducen ao artista ao universo do barroco. A experiencia da luz que entra no atardecer pola xanela do seu estudo, sempre unha luz diferente, transfórmase en paisaxe, en pintura. Porque a luz sempre foi capaz de descubrir os espazos e os obxectos, pero tamén de encartalos con xogos de claroscuro. Neste caso, esta reafirma a presenza do obxecto e o artista abandónase así a unha viaxe sen moverse do sitio, deixando que a pintura ocorra, que teña lugar.

 

Cambados, 1957
Artista

Barco Preto

Fabricante: 
Sargadelos

Francisco Leiro bebe da tradición escultórica española do século XX, recollendo as súas influencias para adaptalas a un vocabulario persoal infestado de formas bastas e rotundas que aluman a expresión do humano. O seu imaxinario abraza fontes tan diversas como o surrealismo, o popular e a mitoloxía, que terminan por conformar o carácter expresivo e xenuíno das súas propostas. A forza que imprimen as súas figuras, con torsións ás veces imposibles e xestos suxestivos, leváronlle a alcanzar prestixio internacional. Francisco Leiro colaborou coa fábrica de Sargadelos na elaboración de catro pezas escultóricas: El Frutero, Guardia Civil, Castelao e Barco Preto. Leiro soubo adaptar os seus acenos de identidade ás necesidades dunha industria como Sargadelos, ao seu contido formato e ás características dun produto de deseño. Tanto El Frutero como Barco Preto repousan a atención no cotián a través dun xogo de equilibrios e sínteses compositiva. A primeira obra recolle a tradición pictórica do bodegón desde a subversión da cor e a forma, mentres a segunda achégase ao costumismo subliñando o movemento, conxelando o instante e a expresión.

 

Mondoñedo, 1950

Caballos

Fabricante: 
Cerámica de Sargadelos

Xosé Vizoso nace, nas súas propias palabras, cun lapis na man. Dende moi novo interésase polo debuxo e a escultura e con só dezaoito anos gaña un concurso nacional de escultura, comeza a traballar na fábrica de Sargadelos e convértese na man dereita de Isaac Díaz Pardo. Trátase dun artista moi prolífico cuxa obra inclúe carteis, deseño para cerámica ou ilustración editorial entre outras disciplinas. O seu estilo caracterízase pola estilización das formas e pola constante referencia a elementos da cultura e tradicións galegas, especialmente ligadas ao rural, seguindo coa liña de traballo de Sargadelos de combinar a tradición co deseño comercial. O cabalo, animal polo que sentía fascinación dende pequeno, será o protagonista de multitude da súa obra. Precisamente unha das súas pezas chave, As San Lucas, dedicada á feira de gando de Mondoñedo do mesmo nome, terá ao cabalo coma protagonista. Esta figura segue a ser unha das máis recoñecibles do catálogo de Sargadelos na actualidade.

 

Pontedeume, 1955.

Deseñador.

Beiramar

En corenta anos de actividade profesional, o conxunto do traballo de Pepe Barro pode entenderse como unha lectura da Galiza que renova as súas sinais de identidade, incorporando as linguaxes do deseño internacional. Algúns traballos coñecidos: identidade gráfica da Universidade da Coruña ou da empresa Denodo, os primeiros “cuponazos” da Once, a camiseta da Selección Galega de Fútbol, a web da Real Academia Galega, a renovación da Casa de Rosalía de Castro. En 2000 o Museo Reina Sofía, elixiu o de Turgalicia coma un dos cen signos do século XX.O libro Mis queridos diseñadores de Enric Satué dedícalle un capítulo. Este deseño serve de portada ao libro Beiramar, onde Xosé Manuel Martínez Oca narra o acontecido en Beiramar, vila ribeirá, abalada por unha manifestación posfranquista contra a 'reducción de plantillas' nos asteleiros Beirarsa.

 

mujer

Luis Seoane evitaba toda estandarización buscando aprehender os paradigmas culturais das tradicións dun lugar, non tanto coa intención de replicar o logrado senón buscando renovar as formas ancestrais para proxectalas no presente e o futuro da industria, convertendo esas formas en inéditas. Trátase de recoller as formas que caracterizaron a historia dun pobo e ao facelo, afirmar unha diferenciación cultural que pola contra corre o risco de perderse. É algo que se pode advertir nas súas pinturas, nos seus deseños cerámicos e en imaxes como a de Luis Seoane observando unha figuriña de faragulla de pan de San Andrés de Teixido no seu taller do Castro de Samoedo —da que sairá o seu orixinal Ramo vermello—, observando con detemento os seus gravados ou as escenas dos seus tapices, que teñen a maxia do relato oral.

 

San Sebastián, 1968

Artesá

Prototipo de cesto para Trokut

Esta creadora téxtil e Premio Nacional de Artesanía, fundiu de maneira excepcional a tradición e a innovación traballando a cestería directamente sobre a materia, a vimbia e outras fibras vexetais, alzándoa a outros escenarios que se escapan do rural, escenas como a Pasarela Cibeles ou traballos para Loewe, pezas sofisticadas como se advirte no Prototipo de cesto para Trokut, realizado en 2010 coas máculas ou papeis sobrantes de libros de DARDO. A contorna galega, a súa natureza e a súa paisaxe convértense nas súas inspiracións diarias, elementos que lle achegan ao seu proceso creativo as súas formas orgánicas que dan a calidez das materias primas que utiliza. Coa mestura que fai de téxtiles, a utilización de novos materiais e recuperando técnicas de elaboración tradicionais, conseguiu que este antigo método de trenzado manual introdúzase de cheo no deseño contemporáneo.

 

Cee, 1931 – Pontevedra, 2015. Artista e deseñador.

Portada do disco NHU

 Zafito / Novola. Reeditada por Polyrock en 2015

Pintor, deseñador, debuxante e interiorista foron algunhas das facetas que cultivou Ventura Cores ao longo da súa traxectoria creativa. Empapouse de diferentes estilos até ir configurando o seu propio, mirando cara ao movemento renovador da primeira metade do século XX en Galicia para asumir o carácter construtivo da cor e a súa alianza coas formas desde un punto de vista radicalmente persoal. Ventura Cores foi o encargado da portada do disco de NHU (1978), o único disco do grupo galego de rock progresivo. Na imaxe, retrata aos seus membros facendo uso dun estilo na onda da arte pop e a psicodelia. A través do uso do vermello, o amarelo e o azul como cores principais e a verde como secundaria, consegue unha estética deliberadamente imperfecta que sitúa as súas figuras a medio camiño entre a despersonalización e a celebridade.

Páxinas