DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Europa

 

Italia, 1887-1969

Deseñador e artista

Olivetti Lettera 32

Fabricante: 
Olivetti

Diplomado na Escola de Belas Arte de Parma, Marcello Nizzoli iniciou o seu traballo como pintor e deseñador de tecidos para posteriormente ampliar a súa carreira no campo da gráfica, o deseño industrial e a arquitectura. Protagonizou a vangarda artística de principios do século XX atravesando etapas de influencia de movementos como o futurismo, o cubismo, a Secesión de Viena ou o racionalismo. Deseñou icónicas calculadoras, máquinas de coser como a Necchi Mirella (1957), a pluma estilográfica Aurora 88 (1948) e a máquina de escribir portátil Lettera 22 en 1950. Durante varios anos estivo ao fronte da oficina de deseño de Olivetti. A Lettera 32 é unha máquina de escribir portátil comercializada no ano 1963 concebida como a herdeira directa da Lettera 22. O seu pouco peso fixo dela unha máquina funcional de grande éxito a nivel comercial.

 

Oporto, 1996. Axencia de creatividade e deseño estratéxico.

Libro corporativo da gráfica da cidade de Oporto

Libro corporativo da gráfica da cidade de Porto, 2014

Un caso de éxito recente no que se refire a identidade visual dunha cidade é Porto, que partindo da súa tradición histórica co azulexo proxectará unha nova imaxe en base a sinxelos pictogramas azuis. O responsable do proxecto foi White Studio, da man do seu fundador Eduardo Aires, que confesará que, neste caso, o briefing estaba ben definido, o que facilitou o seu desenvolvemento. Así, prescindirán de calquera imaxe para quedar co nome da cidade. A tipografía, sólida e sensual, de caracteres moi próximos entre si, potencia a palabra, que acaba cun punto sobre o que cae o gran peso visual. «Porto.» é, ademais, de cor azul, a cor das súas igrexas e edificios revestidos de azulexos, que son unha especie de retrato estático da vida urbana.

 

Lisboa, Portugal, 1966

Artista

Triste Plaisin (Roma)

2007. Debuxo bifronte, 61x47 cm

 

Lisboa, 1968

Deseñador industrial

Armario

2017. Madeira de freixo, barniz incoloro mate e veladura gris

Miguel Vieira Baptista é un deseñador que ademais da función traballa a súa calidade estética, a forma bela. Con humor mesurado, afina cada detalle traballando obsesivamente unha forma que non acaba sendo moi distinta do que foi o seu propio debuxo xerminal. Estas pezas destacan pola súa singularidade e o modo en que revelan as posibilidades da cor e a forma desde o delicado e lúdico. É o detalle e a colocación dos obxectos, a súa localización no lugar, o que consegue atraer cara ao abstracto a nosa mirada, para transformar o cotián en algo poético e subversivo. Opera así como un escultor, engadindo capas ou construíndo ao eliminalas, convocando o misterio desde o fráxil, asumindo secuencias sinxelas e o que queda entre elas, os seus baleiros, procurando a súa levedade, a súa maneira harmónica de repetir silenciosamente unha forma, algo que sobre todo está latente nos seus mobles.

 

Lisboa, 1968

Deseñador industrial

Banco

2017. Madeira de freixo e veladura vermella 38x65x70cm

Miguel Vieira Baptista é un deseñador que ademais da función traballa a súa calidade estética, a forma bela. Con humor mesurado, afina cada detalle traballando obsesivamente unha forma que non acaba sendo moi distinta do que foi o seu propio debuxo xerminal. Estas pezas destacan pola súa singularidade e o modo en que revelan as posibilidades da cor e a forma desde o delicado e lúdico. É o detalle e a colocación dos obxectos, a súa localización no lugar, o que consegue atraer cara ao abstracto a nosa mirada, para transformar o cotián en algo poético e subversivo. Opera así como un escultor, engadindo capas ou construíndo ao eliminalas, convocando o misterio desde o fráxil, asumindo secuencias sinxelas e o que queda entre elas, os seus baleiros, procurando a súa levedade, a súa maneira harmónica de repetir silenciosamente unha forma, algo que sobre todo está latente nos seus mobles.

 

Figueira de Castelo Rodrigo, Portugal, 1961

Artista

Pele

Resina, latón, tea e pintura de esmalte. 147x6,5x4,5 cm

Baltazar Torres crea mundos dentro doutros mundos. O fai coa axuda do humor e a ironía como elementos desencadeantes dunha reflexión crítica. Pioneiro na denuncia das catástrofes ambientais, Baltazar Torres representa a irresponsabilidade da humanidade como multitude e sinala como a nosa relación coa contorna abandonou a contemplación e o benestar para centrarse na voracidade dos intereses económicos. Nas súas primeiras paisaxes industriais, esculturas minimalistas de principios dos anos noventa, xa reflectía as acumulacións dos detritos mergullados para construír cidades imaxinarias de formas insólitas. Máis tarde, constrúe diminutos escenarios que falan da deshumanización, a perda de identidade, a velocidade, o artificial, o impacto ambiental e o desenvolvemento insustentable do noso sistema produtivo e un consumo excedido. A deforestación, a acumulación de lixo ou o progreso e as infraestruturas esaxeradas, contrastan con moitos dos seus personaxes, que pasivamente contemplan a vida coma se os problemas fosen irreversibles, como o personaxe da súa obra Pele, convertido en estrada.

 

Alemania, 1932

Deseñador industrial

Calculadora ET 66

Este deseñador industrial alemán é un dos personaxes chave no deseño funcionalista, levando á marca Braun ao racionalismo, que pronto se converteu no que caracterizaría e identificaría a todos os seus produtos. O seu estilo sobrio nútrese da corrente estética Gute form, que predica un deseño libre de adornos. Ao mesmo tempo é considerado unha influencia esencial para Jonathan Ive, xefe de deseño da  compañía Apple. Para Rams todo bo deseño é innovador e a súa finalidade primordial é a súa utilidade, pero sen faltarlle beleza, como podemos apreciar na Calculadora ET 66 (1987), deseñada xunto a Dietrich Lubs, onde se aprecian algúns dos principios de bo deseño que proclamaba Rams: a calculadora posúe unha precisión íntegra en cada detalle, como se advirte nos seus botóns, e o seu coidado na creación, co uso do contraste de cor entre números e funcións, facilitando o seu uso. Apple rendeu unha homenaxe a este deseño racional para a súa aplicación de calculadora de Iphone, onde xa se ve a influencia do deseñador na empresa. 

 

París, 1903-1999

Arquitecta e deseñadora

524 Tabouret Berger

Fabricante: 
Cassina

Esta arquitecta e deseñadora francesa foi unha das promotoras da estética industrial modernista nos anos 20 e 30. Charlotte Perriand entendía os mobles máis como artefactos utilitarios que como obxectos autónomos e artísticos suxeitos á domesticidade, en parte pola influencia de traballar no estudo de Le Corbusier, onde adoptou teorías que tiñan que ver co uso de materiais e a súa funcionalidade. Os seus mobles caracterizáronse polas súas formas orgánicas pero tamén no uso de materiais naturais, fortemente inspirados no deseño xaponés, o que facía que tivesen un rotundo aspecto elemental.

 

Berlín, Alemania, 1966

Artista

S/t

2001

Óleo sobre lenzo 150 x 150 cm

As obras de Stefan Hirsig son unha superficie con estrutura de campos de cores, raias xeométricas e formas orgánicas. As súas composicións son dinámicas, enérxicas e exuberantes e asumen reminiscencias de diferentes movementos artísticos. Complexízanse a partir da reunión de distintas formas abstractas que cristalizan nun cadro que, en moitos casos, garda unha relación directa coa arquitectura e a linguaxe formal da pintura. O mundo da música ou da moda tamén lle serviron de fonte de inspiración, e aínda que moitos deses elementos son recoñecibles nas súas pinturas, non é posible separalos daqueles que a primeira vista parecen máis abstractos, xa que entre si todos constrúen o particular universo creativo do artista, ambiguo e complexo, tanto nos niveis de contido como de forma.

 

Bremen, Alemania, 1970

Directora creativa

Vitamin D

Deseño da publicación e portada do libro Vitamin D de Phaidon, 2006

Deseñadora gráfica alemá formada na Universidade de Arte e Deseño de Karlsruhe, onde comezou a traballar para o sector cultural no deseño editorial, de carteis e identidade corporativa. En 1998 inicia as súas colaboracións para Phaidon Press introducindo un novo enfoque nas publicacións de arte. Actualmente é a directora creativa da editorial, dirixindo o departamento de deseño. Especializada en arquitectura, arte, fotografía e deseño, Phaidon cultivou grandes éxitos cos seus catálogos, coñecidos pola calidade e a súa capacidade de transmitir a experiencia da arte a través do papel. A mirada de Julia Hasting contribuíu á consolidación da editorial, traballando cada parte do libro como un conxunto interconectado onde estética, contido e composición terminan por compor un obxecto único. Visualmente atraentes, as súas propostas convidan ao descubrimento como parte do exercicio da lectura.

Páxinas