DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Europa

 

Lovaina, Bélxica, 1974

Artista

Abrasive painting

Acrílico e papel lixa sobre tea
100 x 80 cm

Cunha obra de carácter conceptual, dende finais dos anos noventa o traballo de Hamilton tivo como fío condutor a reflexión e cuestionamento dos conceptos de traballo, desenvolvemento económico, mito e historia no contexto das últimas décadas en Chile, en particular do período coñecido como post-ditadura. A modo dunha «arqueoloxía do neoliberalismo» a súa obra e o seu pensamento visual poderían entenderse como un retrato poético dos complexos procesos económicos e culturais que sufriu Chile -e tantos países ao redor do mundo- nas últimas décadas, baixo o influxo e crise do sistema de mercado. O seu interese polo económico e o consumo como revisión crítica da historia e do presente, acompáñase dun incuestionable coñecemento da historia da arte e as súas derivas, o que supón un gran enriquecemento para a súa extrapolación plástica. O seu traballo sitúase na intersección da pintura, a escultura, a instalación e a arquitectura, proxectándose entre o material e o ilusorio, o social e o doméstico, o político e o poético, o ornamental e o monumental, o público e o privado.

 

Múnich, 1965.

Deseñador industrial.

Lámpada Mayday

Fabricante: 
Flos

O traballo de Konstantin Grcic persegue unha harmonía entre a historia da arte, a arquitectura e o deseño desde un enfoque que acolle funcionalidade e esencia. O seu estudo, Konstantin Grcic Industrial Design (KGID) (fundado en 1991), aborda proxectos de diferente índole onde se bifurcan campos como o deseño industrial ou de interiores, o deseño de produto ou o expositivo. Cun gran coidado na elección dos materiais, as súas propostas destilan pureza e sinxeleza partindo dun proceso de revisións e descartes que permite esquematizar as formas, xogar co enxeño e compor desde unha singular rigorosidade visual e conceptual. Coa lámpada Mayday, gañadora do Compasso d’Ouro da ADI (Asociación de Deseño Industrial de Italia) no ano 2001, Konstantin Grcic logrou redefinir as tipoloxías e usos habituais das luminarias, conformando un obxecto adaptable a diversos espazos e situacións, cun deseño de estilo industrial, flexible e lúdico que activa a interacción co usuario. Do mesmo xeito que sucede no resto dos seus proxectos, a versatilidade, e sobre todo o carácter xenuíno, son o resultado de múltiples investigacións que comparten unha base de innovación, aprendizaxe social e análise formal e material.

 

Milán, Italia, 1907-1998.

Artista e deseñador.

Cinceiro Cubo 2000 B

Fabricante: 
Danese Milano

Bruno Munari foi deseñador, escultor, autor de libros infantís, poeta e pedagogo, considerado un dos mellores deseñadores gráficos e industriais do século xx e vinculado ao movemento futurista. Ao longo da súa traxectoria revisou diversos materiais facendo grandes achegas ao universo da expresión visual. O seu traballo busca clarificar o proceso do deseño a través da simplificación formal e a procura de novas metodoloxías de comunicación visual. O seu carácter polifacético levoulle a explorar a síntese das artes e a defender a confluencia das disciplinas para alcanzar formas insólitas. Un exemplo é o cinceiro Cubo, deseñado a partir de dous elementos mínimos: unha carcasa en forma de cubo aberta por un lado que contén un elemento de chapa dobrada. O ángulo que forma a chapa permite facer caer a cinza ao interior mentres o outro extremo, superposto, oculta o contido resultando nun obxecto discreto e funcional.

 

Milán, Italia, 1907-1998.

Artista e deseñador.

Negativo-Positivo

1993. Serigrafía 70x70 cm

Bruno Munari foi deseñador, escultor, autor de libros infantís, poeta e pedagogo, considerado un dos mellores deseñadores gráficos e industriais do século xx e vinculado ao movemento futurista. Ao longo da súa traxectoria revisou diversos materiais facendo grandes achegas ao universo da expresión visual. O seu traballo busca clarificar o proceso do deseño a través da simplificación formal e a procura de novas metodoloxías de comunicación visual. A súa obra gráfica, como neste caso, destaca pola experimentación cromática, empregando cores saturadas e brillantes que perseguen o equilibrio compositivo mediante a organización dos pesos visuais que poden achegarnos a correntes como o construtivismo. O seu carácter polifacético levoulle a explorar a síntese das artes e a defender a confluencia das disciplinas para alcanzar formas insólitas. 

 

Thayngen, Suiza, 1937.

Deseñadora gráfica.

Cartel para a regata Kieler Woche

Deseñadora gráfica que valorou a tipografía e espremeu as súas posibilidades en moitos dos seus carteis. Tras estudar na escola de deseño de Zúric abre o seu propio estudo con Siegfried Odermatt en 1968. Pouco despois corromperá o estilo tipográfico internacional ao desenvolver formas máis caóticas e desaliñadas e ao traballar a cor e a tipografía dun modo máis arriscado e próximo ao amencer posmoderno e comezará unha ruptura coas tradicións que asentará o deseño suízo. Comeza así unha aventura tipográfica que desembocará no uso das novas tecnoloxías dixitais e abrirá novas posibilidades formais. Este cartel foi realizado con motivo da celebración da regata anual de Kiel (Kieler Woche), o evento de vela máis grande do mundo, en Alemaña en 1990. Aquí intúense algunhas das características do seu estilo visual, dominado pola potencia da cor e a forma, o uso da xeometría e o desafío ao plan de retículas convencional. Tamén destaca a integración do texto entre o resto de elementos, outorgando dinamismo á composición. Os seus xogos visuais constitúen un referente para o deseño a partir dos anos 80.

 

Bruselas, 1902 – Reino Unido, 1981

Educador.

The First Great Inventions

Fabricante: 
Max Parrish & Co

Co obxectivo de mellorar a comunicación pedagóxica na Europa de entreguerras naceu unha maneira de ordenar a información a partir de signos visuais ou pictogramas estatísticos que permitían vencer as limitacións da linguaxe verbal. Este proxecto coñeceuse como «o método vienés», pero pronto foi denominado Isotype (International System of Typographic Picture Education). O seu creador foi o sociólogo Otto Neurath, pero en todo iso foi fundamental a científica e matemática María Reidermeister —máis tarde coñecida como Marie Neurath—, que encabezaba un equipo capaz de transformar en diagramas os datos verbais para traballar en colaboración con artistas gráficos a súa execución final. Marie Neurath producirá máis de oitenta libros infantís dunha calidade asombrosa, onde a cor se emprega para engadir significado e claridade, nunca como decoración. Aprehender o esencial, saber utilizar a comparación, dirixir a atención e auscultar o sentido de todos os detalles da imaxe eran claves imprescindibles para ela que conseguía resolver ao traballar con equipos de investigadores, escritores e ilustradores, dirixindo todas as etapas do proceso para acadar unha precisión científica.

 

Paises baixos, 1955

Deseñador gráfico. Educador.

Revista Emigre 24

A tipógrafa Zuzanna Licko é considerada como unha pioneira no uso dos computadores aplicados ao deseño, aínda que non se limitou ao deseño de tipografías para computadores, senón que ideou a maneira de compartir o que creaba con outros deseñadores que as utilizaban. A súa principal forza é a exploración, o desafío, como cando recuperou tipografías clásicas e adaptounas ás novas tecnoloxías, renovando o seu deseño. Co seu compañeiro Rudy Vanderlans, crearon a revista Emigre, onde se saen dos límites, das regras arraigadas, desafiando ao deseño e establecendo novos estándares que permanecen vivos no presente.

 

Eslovaquia, 1961

Deseñadora gráfica

Revista Emigre, 24

A tipógrafa Zuzanna Licko é considerada como unha pioneira no uso dos computadores aplicados ao deseño, aínda que non se limitou ao deseño de tipografías para computadores, senón que ideou a maneira de compartir o que creaba con outros deseñadores que as utilizaban. A súa principal forza é a exploración, o desafío, como cando recuperou tipografías clásicas e adaptounas ás novas tecnoloxías, renovando o seu deseño. Co seu compañeiro Rudy Vanderlans, crearon a revista Emigre, onde se saen dos límites, das regras arraigadas, desafiando ao deseño e establecendo novos estándares que permanecen vivos no presente.

 

Deseñador industrial

Londres, 1938

Máquina de escribir Valentine

Fabricante: 
Olivetti

Perry King estudou Deseño Industrial en Inglaterra para posteriormente establecerse en Italia. En 1964 comeza a traballar como consultor para Olivetti, onde se fixo cargo dunha extensa gama de produtos. No ano 1975 asóciase co deseñador español Santiago Miranda e crean o seu estudo en Milán, do que saíron diversas creacións para firmas como Arteluce, Olivetti, Mc Culloch ou Black and Decker, entre outras. O seu traballo chama a atención pola súa versatilidade e simbolismo, axuntando así o valor estético e a funcionalidade. Entre os produtos deseñados para Olivetti, destaca a máquina de escribir portátil Valentine, realizada en colaboración con Ettore Sottsass. Moi ligada á cultura pop, fabricouse en vermello, branco e azul. Lixeira como poucas, co seu maletín incorporado como unha peza máis, a Valentine deseñouse para todos os ambientes menos para o de oficina. O plástico era o material de moda e as súas teclas flotantes permitían un deseño distinto, até o punto de converterse nunha icona do deseño industrial.

 

Deseñadora gráfica

Rusia, 1975

Sculpture Today

Fabricante: 
Phaidon editorial

Deseño do libro Sculpture Today e da tipografía que ilustra a portada do mesmo para Phaidon, 2012

De orixe rusa e afincada en Londres, Sonya Dyakova é especialista en deseño editorial e tipográfico. É a directora e fundadora do estudo de deseño interdisciplinar Atelier Dyakova, unha axencia de comunicación visual que traballa con artistas, institucións culturais e marcas innovadoras. É ademais responsable da dirección artística da revista Frieze, que ela mesma redeseñou no ano 2012. O seu interese pola arte e a arquitectura levárona a traballar para estudos como Vince Frost e Kerr/Nobre e a asumir o posto de directora artística de Phaidon Press, empresa á que se incorpora no ano 2005. Durante esta etapa, Dyakova encargouse do deseño de publicacións de arte contemporánea, moda, deseño, arquitectura ou fotografía, traballando xunto a Alan Fletcher. O seu estilo caracterízase pola experimentación conceptual e tipográfica e un profundo interese polos detalles, pola tactilidade de cada deseño e a súa inspiración conceptual.

Páxinas