DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Fandiño, Suso

 

Santiago de Compostela, 1971

Artista

Class of the 2013

Pancartas de lona plástica impresas. 500x85 cm

Suso Fandiño revisa algunhas das correntes e imaxes icónicas da historia e a historia da arte para reinterprelas, outorgando sempre novos significados que esconden unha lectura irónica, humorística e crítica. Emprega o apropiacionismo, a seriación, a idea do cómic e a cultura de masas creando imaxes nunha primeira ollada afables que cando observamos por segunda vez esconden mensaxes, reflexións e críticas sobre a sociedade contemporánea. Con ironía, Fandiño utiliza o texto e imaxes instituidas dentro diso que denominamos "contexto da arte" para destilar novas posibilidades e sentidos metafóricos sobre a figura do autor e a súa relación co espectador. Nunha primeira mirada o seu discurso parece fácil, mesmo obvio, pero é nesa pretendida obviedade onde configura a súa radicalidade ante un sistema demasiado correcto.