DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Isla Couto, Xaime

 

Santiago de Compostela, 1915 – Vigo, 2012

Creativo e emprendedor cultural

Identidad corporativa de Zeltia y packaging Filicina-Zeltia

Fabricante: 
Zeltia

Trala Segunda Guerra Mundial xorden as grandes imaxes de marca e a identidade corporativa convértese nun elemento fundamental para calquera estratexia produtiva. Olivetti, Braun ou IBM, son algúns exemplos. En Galicia contamos coa empresa Zeltia. Xaime Isla Couto encargouse do logotipo. Do proceso existen esbozos onde se pode observar como en principio procurou solucións ligadas a instrumentos propios da química ou fusionando con elas a «Z», inicial da empresa, que acaba por destilarse con forma de trisquel. Como ben explica Pepe Barro, poucos anos antes Álvaro das Casas funda a organización galeguista Ultreya elixindo como símbolo un home correndo con forma de trisquel de ángulos rectos. Isla Couto, membro de Ultreya, prescinde dos ángulos rectos, como tamén fará Seoane para a editorial Citania uns anos despois, para co símbolo de Zeltia destacar máis a «misión» da empresa que a «actividade», en liña co seu nome, rexistrado polo seu irmán.