Luis Seoane entrando en el templo a latigazos
Barcelona, 1969
Artista
Luis Seoane entrando en el templo a latigazos
2016. Acrílico sobre lenzo. 24x24 cm
Vítor Mejuto pinta dun modo firme seducido polos seus «lugares», cuxo repertorio soubo ampliar para asumir os doutros e indagar reflexivamente sobre eles. Se preguntamos sobre os seus referentes, podería desdobrar a súa lista e comezar citando innumerables artistas entre os que seguramente se escoitarían nomes como o de Frank Stella, Palazuelo, Mondrian ou Josef Albers. As súas pinturas son como símbolos gráficos, liñas e cores cosificadas sobre o papel compondo imaxes próximas ao deseño. O material remítenos ao táctil, permite ao espectador escudriñar o rastro do pincel e a retícula que define o debuxo.