DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Máquina de escribir Valentine

 

Austria, 1917

Arquitecto e deseñador

Máquina de escribir Valentine

Fabricante: 
Olivetti

Ettore Sottsass cultivou áreas como o deseño de produto e mobiliario, a xoiaría, o interiorismo ou a maquinaria de oficina. Traballou como consultor para Olivetti, procurando produtos suxestivos co obxectivo de optimizar a funcionalidade e captar a atención das demandas populares mediante solucións formais e cromáticas innovadoras. O seu afán investigador lévalle a fundar, xunto a Bárbara Radice, o coñecido Grupo Memphis en 1981.

A máquina de escribir é o son do século xx. Os modelos de Olivetti convertéronse en emblemas da modernidade e, cada vez máis, procurouse un equilibrio entre as capacidades funcionais, as emocionais e as estéticas. Para Olivetti deseñaron máquinas creadores da talla de Mario Bellini, Marcello Nizzoli ou Ettore Sottsass, que en 1969 deseñará xunto a Perry King a máquina portátil Valentine, unha das máis atractivas, moi ligada á cultura pop e que se fabricou en vermello, branco e azul. Lixeira como poucas, co seu maletín incorporado como unha peza máis, a Valentine deseñouse para todos os ambientes menos para o de oficina. O plástico era o material de moda e as súas teclas flotantes permitían un deseño distinto, ata o punto de converterse nunha icona do deseño industrial.