DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Packaging Nordés

 

Estudo de deseño. Packaging e etiquetas para viños e licores

Packaging Nordés

Marta Lojo consolidouse como especialista en deseño gráfico de marcas nacionais e internacionais, sobre todo no sector alimenticio e de bebidas. O seu estudo conseguiu embotellar a creatividade galega e levala ás adegas de todo o mundo. No caso da xenebra Nordés 2012, inspirado nas cerámicas de Sargadelos, tiña que transmitir frescura, elegancia e que respirase aires atlánticos, que se simbolizan co mapamundi e a rosa dos ventos. Unha das claves coa que traballa esta deseñadora é primeiro estudar ao público e segundo comprender a filosofía da marca. Poderíase dicir que cada proxecto é único, no seu proceso de creación realiza unha intensa investigación de mercado do usuario que o vai a consumir, concibindo unha marca que encaixa á perfección cos obxectivos do fabricante. Co deseño de etiquetas a deseñadora pon en valor o produto contando e ofrecendo máis que o simple contido.