DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Pineles, Cipe

 

Austria, 1908 – Nova Iorque, 1991

Deseñadora gráfica e directora de arte.

Revista Glamour

Revista Glamour, agosto 1943

The Condé Nast Publications.

A condición de pioneira de Cipe Pineles resulta evidente se atendemos a que foi a primeira muller directora de arte nunha revista de información xeral estadounidense e a primeira en converterse en membro do Club de Directores de Arte de Nova York. Pero sobre todo pola vitalidade gráfica e o enfoque experimental das súas composicións para Glamour, Seventeen, Charm ou Mademoiselle, revistas das que foi directora de arte. Antes, tivera como mentor a Mehemed Fehmy Agha, que foi quen modernizou a revista Vanity Fair. O seu estilo fresco e enxeñoso revolucionou o carácter visual de publicacións destinadas a mulleres independentes, o que a levará. a traballar con algúns dos mellores fotógrafos e artistas do momento, como André Kertész, Herbert Matter ou Ladislav Sutnar. A partir dos anos sesenta exercerá a profesión máis desde a consultoría e o ensino.