DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Publicación sobre a tipografía de Nokia Pure

 

Deseñador e creativo.

Publicación sobre a tipografía de Nokia Pure

Este deseñador galego, actualmente director creativo de Jones Knowles Ritchie en Londres, desenvolveu numerosos proxectos para distinguidas firmas como Yamaha, Nokia, ou Deutsche Bank, entre outras. O seu proceso de deseño baséase na interrelación continua de tres elementos esenciais: pensar, como fase estratéxica e intelectual; crear, co uso das ferramentas que permiten crear unha identidade e comunicar, e distribuír como maneira de facer o proxecto realidade. Unha parte fundamental neste desenvolvemento creativo é a conexión co cliente e os usuarios finais. É interesante o traballo realizado polo deseñador sobre o novo tipo de letra de Nokia coa publicación sobre a tipografía de Nokia Pure (2012) onde se propón unha viaxe desde os bosquexos iniciais ata a fonte final, detallando como se deseñou unha tipografía con carácter distinguido, ligando entrevistas aos propios deseñadores da compañía, con follas de mostras e mesturando coas ideas do deseño. Este traballo pode considerarse unha especie de manual de instrucións para a creación dunha fonte personalizada que destaca o valor dunha tipografía singular para unha marca global.