DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Resto del mundo

 

EE.UU, 1915-1955

Deseñador gráfico editorial e tipógrafo

Three Lives

Three Lives, 1945 (Autor: Gertrude Stein) / Poems, 1951 (Autor: Stéphane Mallarmé);

New Directions, Nueva York. Serie The New Classics.

De vocación temperá, Lustig abriu o seu primer estudio en Los Ángeles e 1957 e convertiuse nun impresor e tipógrafo independente xa aos 21 anos. Dende moi cedo traballou a xeometría abstracta e a ornamentación para acabar revolucionando o mundo das portadas de libros evitando as ilustracións figurativas ao optar por opcións conceptuais e simbólicas segundo o libro en cuestión, sempre con discretas tipografías para os seus títulos. O seu espírito de modernidade cobrou relevancia ao encargarse da imaxe editorial de New Directions, adicada á literatura, labor que tras a súa morte continuou a súa muller, Elaine Lustig Cohen. Lustig sinalou como a súa intención foi establecer para cada libro un símbolo abstracto do seu contido, conseguir que a forza da forma e a cor atrapara e informara ao ollo. A Fundación DIDAC ten algúns dos seus traballos máis recoñecidos como as portadas para Three Lives de Gertrude Stein (1945) ou Poems de Stéphane Mallarmé (1949), ambas para New Directions, NY.

 

EE.UU, 1914-1996

Deseñador gráfico e director de arte

Cartel da máquina de escribir Lettera 22 para Olivetti

Paul Rand era moi analítico, valorando as diferentes posibilidades de cada deseño, sen deixar nada ao azar, aínda que as súas formas en composicións asimétricas proxectarán o contrario. Pero unha vez decidida a vía conceptual e aprehendida a esencia simbólica, resolvíase máis libre e expresivamente, de maneira intuitiva, atendendo á forma, á cor, á proporción ou á escala, como quen compón unha pintura, sempre con especial coidado no uso da tipografía. Trátase de transmitir conceptos reais, de reinterpretar a mensaxe. Porque se en algo resultou pioneiro, é en como soubo manipular a forma e o texto para proxectar deseños abstractos con contido. Todo tiña un porque e a fin última era comunicar, facer brillar unha idea. Porque o resto chegaba de forma natural: a cor, o sentido da proporción, o dinamismo da tipografía, os desequilibrios equilibrados. Para iso, utilizará a colaxe, a montaxe e o humor, en moitos casos a partir de formas simbólicas básicas, para destilar conceptos en estruturas de gran dinamismo.

 

EE.UU,1914-1996

Deseñador gráfico e director de arte

Portada da revista Profils n.º 3

Revista con presentación tipográfica de Alvin Lustig

Paul Rand é pioneiro e figura chave para entender o deseño moderno en Estados Unidos e de cada un dos seus deseños sempre emerxe algo inesperado. Todos eles son orixinais, singulares, aínda que tamén altamente reconocibles, talvez porque obedecen a unha axilidade visual sen paragón. Non poucas figuras considerarano como o gran herdeiro do legado do modernismo en América, entre eles Lázsló Moholy-Nagy. O propio Rand confesará a súa atracción por creadores como Kandinsky, Picasso, Van Doesburg ou Léger, pero sobre todo por Paul Klee. Tamén polas portadas de Verve deseñadas por Matisse ou as que varios artistas realizarán para Transition, entre elas unha excepcional de Miró. De todos eles buscará captar a súa esencia, dependendo dos intereses que tivese en cada deseño, algúns decididamente dadaístas, outros capaces de convocar a simultaneidade futurista dunha maneira máis abstracta, outros de deriva surrealista e por último os inspirados no constructivismo de autores como Alexander Rodchenko ou Ladislav Sutnar.

 

EE.UU, 1955

Deseñador gráfico e director de arte

Revista Ray Gun. nº 58

David Carson é un exemplo de como se pode destilar hoxe a actitude dadaísta aproveitando as novas tecnoloxías para experimentar coas aplicacións informáticas. Carson evitou as restricións tradicionais do exercicio de maquetación, primeiro como director de arte de Transworld Skateboarding ( TWS) a mediados dos oitenta e máis tarde nas revistas de negocios Beach Culture e Surfer. Pero será, sobre todo, na revista Ray Gun onde conseguirá varios dos seus logros máis soados. Carson reclama e proclama que non hai que confundir a lexibilidade coa comunicación e é un caso curioso á hora de romper as normas e os principios do deseño; o non ter unha formación específica significa que nunca aprendeu as cousas que se supón que non se poden facer. A portada que Ray Gun dedica a Radiohead é un dos seus deseños paradigmáticos.

 

EE.UU, 1948

Pioneira do deseño gráfico por ordenador

The Modern Poster

Cartel para The Museum of Modern Art. NY

O desafío á cuadrícula que propoñía Wolgang Weingart anos atrás será asumido como máxima dalgúns dos seus alumnos máis avantaxados como April Greiman, Dan Friedman ou Willi Kunz que negaron a noción de estilo, aínda que se lles etiquetará dentro do que se coñece como tipografía new wave. Todo iso insérese no auxe da actitude libertaria proposta polo posmodernismo, que comezará a impoñerse, rexeitando o dogma dos estilos modernos. É un momento de ruptura de convencións, onde as tipografías mesturan tamaños e pesos e en moitos casos flotan na superficie, como advertimos en deseños paradigmáticos como o cartel da exposición The Modern Poster de April Greiman para o MoMA de Nova York. Son os deseños de Greiman os que supoñen un punto de inflexión en tanto que obedecen a unha nova concepción do espazo, procurando unha nova dimensión de profundidade a partir de liñas en diagonal que invisten a perspectiva ao modo do Lissitzky. En moitos deseños de Greiman as formas retroceden no espazo e móvense cara atrás e cara a adiante, xerando un espazo dinámico ata entón inédito. Greiman foi pioneira á hora de utilizar o Macintosh e así conseguiu ampliar os límites do deseño burlando o escepticismo tecnolóxico da gran maioría do momento.

Páxinas