DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Revista Ray Gun. nº 58

 

EE.UU, 1955

Deseñador gráfico e director de arte

Revista Ray Gun. nº 58

David Carson é un exemplo de como se pode destilar hoxe a actitude dadaísta aproveitando as novas tecnoloxías para experimentar coas aplicacións informáticas. Carson evitou as restricións tradicionais do exercicio de maquetación, primeiro como director de arte de Transworld Skateboarding ( TWS) a mediados dos oitenta e máis tarde nas revistas de negocios Beach Culture e Surfer. Pero será, sobre todo, na revista Ray Gun onde conseguirá varios dos seus logros máis soados. Carson reclama e proclama que non hai que confundir a lexibilidade coa comunicación e é un caso curioso á hora de romper as normas e os principios do deseño; o non ter unha formación específica significa que nunca aprendeu as cousas que se supón que non se poden facer. A portada que Ray Gun dedica a Radiohead é un dos seus deseños paradigmáticos.