DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Torres, Baltazar

 

Figueira de Castelo Rodrigo, Portugal, 1961

Artista

Pele

Resina, latón, tea e pintura de esmalte. 147x6,5x4,5 cm

Baltazar Torres crea mundos dentro doutros mundos. O fai coa axuda do humor e a ironía como elementos desencadeantes dunha reflexión crítica. Pioneiro na denuncia das catástrofes ambientais, Baltazar Torres representa a irresponsabilidade da humanidade como multitude e sinala como a nosa relación coa contorna abandonou a contemplación e o benestar para centrarse na voracidade dos intereses económicos. Nas súas primeiras paisaxes industriais, esculturas minimalistas de principios dos anos noventa, xa reflectía as acumulacións dos detritos mergullados para construír cidades imaxinarias de formas insólitas. Máis tarde, constrúe diminutos escenarios que falan da deshumanización, a perda de identidade, a velocidade, o artificial, o impacto ambiental e o desenvolvemento insustentable do noso sistema produtivo e un consumo excedido. A deforestación, a acumulación de lixo ou o progreso e as infraestruturas esaxeradas, contrastan con moitos dos seus personaxes, que pasivamente contemplan a vida coma se os problemas fosen irreversibles, como o personaxe da súa obra Pele, convertido en estrada.