DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Vizoso, Xosé

 

Mondoñedo, 1950

Caballos

Fabricante: 
Cerámica de Sargadelos

Xosé Vizoso nace, nas súas propias palabras, cun lapis na man. Dende moi novo interésase polo debuxo e a escultura e con só dezaoito anos gaña un concurso nacional de escultura, comeza a traballar na fábrica de Sargadelos e convértese na man dereita de Isaac Díaz Pardo. Trátase dun artista moi prolífico cuxa obra inclúe carteis, deseño para cerámica ou ilustración editorial entre outras disciplinas. O seu estilo caracterízas pola estilización das formas e pola constante referencia a elementos da cultura e tradicións galegas, especialmente ligadas ao rural, seguindo coa liña de traballo de Sargadelos de combinar a tradición co deseño comercial. O cabalo, animal polo que sentía fascinación dende pequeno, será o protagonista de multitude da súa obra. Precisamente unha das súas pezas chave, As San Lucas, dedicada á feira de gando de Mondoñedo do mesmo nome, terá ao cabalo coma protagonista. Esta figura segue a ser unha das máis recoñecibles do catálogo de Sargadelos na actualidade.