DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Ciclo Galicia. Un século de creación.

O ciclo de conferencias "Galicia. Un século de creación. 1916-2016" forma parte do Proxecto DIDAC Arteria Galicia que será complementado co arquivodidac.gal, un corpo documental online en constante crecemento onde coñecer o traballo e traxectoria de creadores galegos contemporáneos. Este proxecto, que conta co apoio da área de Cultura da Deputación da Coruña e se desenvolverá na súa primeira fase desde o mes de outubro de 2017 ata o mes de xullo de 2018, nace coa idea de afondar no patrimonio cultural de Galicia e a súa creatividade, contando coa colaboración de recoñecidos profesionais da arte, arquitectura, deseño e outras manifestacións artísticas.

Aínda que DIDAC é a sede principal do ciclo e do proxecto, algunhas das conferencias tamén serán impartidas noutros centros e institucións da provincia da Coruña. En todas elas, a asistencia ás conferencias é gratuíta. Tendo prioridade aquelas persoas que teñan feita a inscrición previa, permitirase o acceso ata completar a sala cun aforo máximo de 45 persoas. Se desexas reservar a túa praza podes facelo no correo electrónico actividades@didac.gal.