DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Conversa en rede: diálogos sobre deseño e procesos creativos para a innovación e a sostibilidade

 
encontro
online

luns, 26 setembro, 2022 - 11:00

Conversas con profesionais galegos vinculados ao deseño e a innovación, moitos deles que teñen desenvolvido ou desenvolven a súa actividade fóra de Galicia, en liña coa súa intención de proxectar unha
rede de profesionais de deseño galego.
Coa finalidade de dar a coñecer o talento e fortalecer a rede internacional de profesionais do deseño galego no marco do programa de Deseño para a Innovación e a Sustentabilidade 2024 – DIFERENZA, esta iniciativa quere proxectar o potencial do deseño como motor empresarial dando voz aos seus novos protagonistas, o que permitirá abordar diferentes temáticas e vías de desenvolvemento para o deseño dependendo da especialidade e experiencia de cada un destes profesionais.

Nesta segunda edición participarán a arquitecta Sofía Blanco e o artista e deseñador Damián Calvo.

Sofía Blanco
Titulada na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid e Máster de Arquitectura do Graduate School of Design da Universidade de Harvard. Traballou nos estudios Christian Kerez Gmbh en Berlín e Ábalos+Sentkiewicz en Madrid, neste último como responsable dos concursos para o Shanghai East Art Museum e o Flying Spine (gañador do primeiro premio). Dende 2018 é profesional independente, con proxectos en Galicia e Portugal. En 2020 foi finalista dos Premios Galicia de Innovación e Deseño na categoría de talento emerxente.

Joel Blanco
Formado en Deseño de Produto no IED de Madrid, é Máster en Deseño Contextual pola Academia de Deseño de Eindhoven e actualmente participa no programa Universal Post-Planteraty Design do New Center for Research&Practice. Recoñecido pola revista Forbes na lista dos 40 mellores futuristas de España en 2022, expuxo e traballou en Países Baixos, Italia, Polonia, Estados Unidos, Alemaña e República Checa, ademais de España. Os seus proxectos van desde a arte e o deseño á estratexia e a investigación de tendencias.