DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Línea rota de horizonte. Carlos Garaicoa


DIDAC. Santiago de Compostela


Carlos Garaicoa

7 maio, 2021 a 9 xuño, 2021

Línea rota de horizonte é unha exposición protagonizada por unha instalación de grandes dimensións que establece un diálogo coas estruturas da cidade e a súa relación coa natureza, en moitos casos maltratada e descoidada ou, como neste caso, mutilada. Ademais, completarase con outras obras do artista que poñen en relación a natureza e a cidade. O proxecto, comisariado por David Barro e González & González (Daniella González Maldini, Patrick Hamilton) está  coproducido por MadBlue, Fundación  DIDAC e Goodman Gallery /Johanesburg-London.

Preocupado polas estruturas lingüísticas, sociais e artísticas sobre as que se “constrúe” a propia sociedade, o artista examina os elementos que conforman ou constrúen a nosa contorna. Línea rota de horizonte é un reflexo de todo iso e narra a relación da natureza co espazo urbano Carlos Garaicoa sinala como constantemente estamos a ver esta fragmentación da natureza que acompaña á cidade, convertendo os espazos verdes en pequenas tumbas ou cemiterios arborizados. Todo iso quedará reflectido nun libro editado pola Fundación DIDAC que recollerá algúns dos intereses do artista sobre temas como o xardín, ou as reflexións ao redor da tensión entre o espazo urbano e a natureza, moi recorrentes na súa obra.