DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

MOTA participa nun taller (Alain Urrutia)

Alain Urrutia
 
MINI-DIDAC
DIDAC. Santiago de Compostela

xoves, 1 decembro, 2022 - 16:00

No sétimo capítulo do libro MOTA viaxa até Londres para descubrir a obra de Alain Urrutia. Unha vez alí, ségueo até o seu taller e sorpréndese con todo o material de traballo, coñecendo o lugar onde se atopan as obras antes de ser expostas e todos os seus procesos de creación. Detense xunto a pequenos lenzos que simulan imaxes simétricas, coma se fosen vistas desde un espello, e que se mostrarán en diferentes posicións nas salas da Fundación DIDAC en Santiago e de Appleton en Lisboa. Ao final do libro inclúese unha lámina de espello e instrucións para levar a cabo unha pequena obra de arte na casa.