DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Mota participa nun taller (Fernanda Fragateiro)

 
familia
DIDAC. Santiago de Compostela

mércores, 16 marzo, 2022 - 16:00

No capítulo dedicado a Fernanda Fragateiro, outra das creadoras que expuxeron en DIDAC, MOTA asiste á montaxe da mostra e convértese en toda unha investigadora da obra da artista. Métese dentro das caixas, revisa a documentación, as fotografías, os materiais... e descobre o interese de Fernanda Fragateiro pola historia, a arquitectura e a igualdade entre as persoas. Para finalizar, propón un sinxelo exercicio para reflexionar sobre as historias que esconden os obxectos cotiáns e a nosa relación con eles.