DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Mota participa nun taller (Irene Grau)

Irene Grau
 
familia
DIDAC. Santiago de Compostela

luns, 23 maio, 2022 - 16:00

Irene Grau é a artista protagonista do cuarto capítulo do libro. Con ela, MOTA ten a oportunidade de pasear polos parques de Santiago para entender que a pintura non só é creada no estudo e que pode ir máis aló do lenzo. Foron acompañadas doutro artista, Damián Ucieda, que facía fotos mentres Irene camiñaba, vestida de verde, entre a natureza portando un cadro tamén verde. Tempo despois, as salas de DIDAC tinguíronse de verde para expor os resultados do traballo, levando os sons e sensacións plásticas dos paseos até a sala de exposicións. O final do capítulo conta con instrucións para realizar un kit de ferramentas coas que camuflarse na natureza e crear unha gran pintura.