DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Mota participa nun taller (Sandra Cinto)

Sandra Cinto
 
familia
DIDAC. Santiago de Compostela

xoves, 28 abril, 2022 - 16:00

No terceiro capítulo do libro MOTA emprende unha viaxe até Portugal para coñecer Appleton, un espazo en Lisboa que colabora coa Fundación DIDAC. Alí ten a oportunidade de ver traballar ao comisario, quen escribe e organiza a idea da exposición, e á artista Sandra Cinto, que realizou unha instalación específica pintando o seu particular universo de estrelas nas paredes da sala. Á volta da súa viaxe, MOTA suxire unha actividade didáctica para mergullarse no traballo de comisariado, creando unha historia en relación a unha serie de obras que se poden seleccionar a través da nosa web.