DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Mota participa nun taller (Patrick Hamilton)

 
familia
DIDAC. Santiago de Compostela

martes, 1 febreiro, 2022 - 10:00

No primeiro capítulo do libro MOTA, a nosa carismática personaxe habitante de DIDAC, participa nun taller sobre a exposición de Patrick Hamilton. Alí descubrirá, xunto a máis nenos e nenas, os diferentes materiais e texturas coas que traballa o artista. Aprenderá que os cadros non sempre están feitos con pintura e que, moitas veces, os temas da obra inflúen na selección dos elementos empregados. Ao final do capítulo inclúese unha proposta de actividade para realizar na casa, na que se poderá experimentar con diferentes obxectos e darlles unha nova utilidade.