DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Taller para familias con Alba Cacheda a propósito da exposición Línea rota de horizonte

 
MINI-DIDAC
DIDAC. Santiago de Compostela

domingo, 30 maio, 2021 - 11:30

Que paisaxes hai na nosa cidade? Hai árbores? Como están? Como nos gustaría que estivesen?

Inspirándonos na exposición Línea Rota de Horizonte, de Carlos Garaicoa, propoñemos un taller para familias, que comezará na fundación DIDAC, onde prepararemos unha acción colectiva que máis tarde se levará a cabo no exterior, a través dunha deriva urbana conxunta.

Prestaremos especial atención á natureza que emerxe na cidade, co obxectivo de desenvolver a empatía coa nosa contorna. A actividade contribuirá a transitar o camiño cara a sustentabilidade.

Participantes: Familias de 0 a 99 anos.
Horario: 11:30 a 13:30

RESERVAR PRAZA