DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

DIDACproject

DIDAC autofinánciase a partir das súas actividades e producións propias, entre elas o que se denomina DIDACproject, onde se traballa co artista directamente nun proxecto ou unha serie de obras específicas. Ao adquirires un dos nosos proxectos axudas directamente ao financiamento dos artistas e do noso programa de exposicións e actividades. DIDAC ten unha natureza institucional, diferenciándose do labor dunha galería en tanto que non representa artistas, nin acude a feiras comerciais, nin ten compromisos expositivos cun mesmo creador cada certo tempo. Todos os beneficios obtidos cos DIDACproject son reinvertidos no desenvolvemento da programación.

Se estás interesado/a nalgún dos DIDACproject ponte en contacto para obter máis información ou escrebe a info@didac.gal