DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Presentación publicación Patrick Hamilton

 
Presentación
DIDAC. Santiago de Compostela

sábado, 16 novembro, 2019 - 12:00

Café presentación do libro Patrick Hamilton: la historia a contraluz.

Editado pola Fundación DIDAC e DARDO a propósito da mostra Patrick Hamilton. El ladrillo II que tivo lugar na Fundación DIDAC entre o 6 de setembro e o 19 de outubro, este libro realiza un percorrido polos últimos traballos do artista chileno.

A publicación inclúe unha introdución de David Barro, comisario da exposición e textos de Federico Galende, Miguel Ángel Hernández e Guillermo Machuca, así como unha conversación con Nelly Richard.

En palabras de David Barro “As obras de Patrick Hamilton gardan a ordenada tensión da exactitude manual coa mesma dedicación que o artista seleccionou aos autores dos textos deste libro. Porque un escultor precisa de tempo, coma o artesán, e Patrick Hamilton mánchase as mans para conseguir a súa abstracción sucia e proletaria. Mentres, á hora de construír a historia criticamente, non anda moi lonxe de aquel construír eliminando de Giacometti. Porque unicamente é quen de protexer a súa cultura quen ten a ousadía de destilala e revelala para renovala, traballando o fóra de campo.”

Durante a presentación da publicación estarán presentes o artista Patrick Hamilton e o comisario da publicación e director da Fundación DIDAC, David Barro.

O libro Patrick Hamilton: la historia a contraluz conta co apoio da Fundación Chile-España