DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Fernando Agrasar

Fernando Agrasar
 
curso-formacion

Galicia. Un século de creación. 1916-2016

DIDAC. Santiago de Compostela

xoves, 25 outubro, 2018 - 19:00

Despois…a modernidade.

A xeración que introduciu a modernidade arquitectónica en Galicia foi borrada pola represión ditatorial contra todo aquilo identificado con pensamento progresista e republicano. Os arquitectos próximos ao réxime cambiaron o seu rexistro formal e o resto foron represaliados, ou exiliáronse. Nos últimos anos cincuenta, unha nova xeración formada na posguerra, retomou o discurso moderno nun país empobrecido, culturalmente arrasado e no que a información exterior chegaba con dificultade, Italia, os países nórdicos e Norte América foron os referentes de aqueles novos arquitectos que contruíron obras avanzadas, eficaces e radicalmente fermosas. Aquela modernidade despois da modernidade ofreceu un legado de enorme valor, que debemos conservar.

Fernando Agrasar Quiroga (Vigo, 1963) é arquitecto pola E.T.S.A de A Coruña (1989) e Doutor pola Universidade de A Coruña (2001). É Director e Profesor titular de Composición da E.T.S.A de A Coruña. Ademais, mantén a súa actividade profesional como arquitecto, dirixida ao deseño de exposicións, proxectos de rehabilitación, de paisaxeou nova planta.
O seu traballo investigador está dirixido cara o análise das arquitecturas moderna e contemporánea, en especial en canto as súas relacións coas outras disciplinas creativas e con diversas manifestacións culturais. Neste sentido, é autor de monografías como Vanguardia y tradición. La arquitectura de la primera modernidad en Galicia, COAG, A Coruña, 2003.
Entre 1999 e 2007 foi responsable da Comisión de Cultura do COAG en A Coruña. Dirixiu xunto con J. Irisarri a revista Obradoiro, de 2000 a 2005 e actualmente é codirector da revista DARDOmagazine con Mónica Maneiro. É membro do Comité Técnico de DOCOMOMO Ibérico (2006).