DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

[INTERFERENCIAS]

S/t. Probas de material para froiteiro



Interferencias é unha sección de DIDAC, onde se presentan obras que ou ben dialogan coa exposición en curso ou ben expoñen fisuras ou cuestións diferentes. É o caso de S/t. Probas de material para froiteiro, obra que linda entre o deseño e a arte contemporánea, disciplinas que Mauro Trastoy (Ferrol, 1971) manexa coa mesma intensidade.



Galego

O silabario perdido



O silabario perdido é, seguramente, o proxecto máis singular da traxectoria de Vítor Mejuto. Tamén a súa obra máis dilatada no tempo, xa que o silabario completo foi pintado en tres etapas distintas. A primeira expúxose na galería Schema Projects de Nova York no 2013 e constaba de vinte debuxos. A segunda fase foi amosada na sala do Polvorín da Ciudadela de Pamplona dous anos despois e dispúxose lonxitudinalmente nunha cuadrícula de catro por oito para un total de trinta e dúas obras.



Galego