DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Exenta. Equipamento para creadores.

Exenta. Cenlitrosmetrocadrado. Fotografía: Roi Alonso
Exenta. Cenlitrosmetrocadrado. Fotografía: Roi Alonso
Exenta. Cenlitrosmetrocadrado. Fotografía: Roi Alonso
Exenta. Cenlitrosmetrocadrado. Fotografía: Roi Alonso


DIDAC. Santiago de Compostela


Cenlitrosmetrocadrado

18 abril, 2018 a 30 abril, 2018

Exenta é o equipamento para o acubillo de creativos que Cenlitrosmetrocadrado pensou para o Cuartopexigo.

Exenta é unha familia de mobiliario polivalente, capaz de resolver cun mínimo número de elementos, necesidades propias dun ámbito máis doméstico como outras relativas ao traballo. O feito de estar integrada por pezas exentas facilita a distribución no espazo con independencia da súa forma, que xunto coa posibilidade de poderse desmontar e pregar para o transporte e almacenamento, fai de Exenta unha solución moi versátil. Cuartopexigo é un espazo baleiro, no parque de Belvís, dispoñible para enchelo de cousas ou momentos. Un escenario espido. Un contedor de historias. Un espazo versátil, efémero, mutante...En construción permanente.

www.cuartopexigo.com

Cenlitrosmetrocadrado é un estudio de deseño e comunicación que se constitúe coa intención de ofrecer un deseño de clara orientación humanista, que vaia máis alá da simple función práctica e que atenda tamén funcións de carácter emocional e social. Cunha identidade de marcado carácter atlántico desenvolve proxectos que van desde o gráfico, produto, espazos, ata a coordinación de equipos de traballo en ámbitos creativos.

Fotografía: Roi Alonso