DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

ISAAC PIÑEIRO

Isaac Piñeiro -  DIDAC
Isaac Piñeiro -  DIDAC
Isaac Piñeiro -  DIDAC
Isaac Piñeiro -  DIDAC
Isaac Piñeiro -  DIDAC
Isaac Piñeiro -  DIDAC
Isaac Piñeiro -  DIDAC
Isaac Piñeiro -  DIDAC
Isaac Piñeiro -  DIDAC
Isaac Piñeiro -  DIDAC


DIDAC. Santiago de Compostela


Isaac Piñeiro

4 Xullo, 2019 a 24 Xullo, 2019

Isaac Piñeiro é o deseñador convidado dentro do proxecto MAGISTRVM-EASD Mestre Mateo como deseñador que pasou pola EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela e que agora goza dunha traxectoria importante dentro do mundo do deseño.

Isaac Piñeiro (Pontevedra, 1976), deseñador cofundador de Nadadora e fundador de Isaac Piñeiro DesignStudio. Despois de graduarse na EASD Mestre Mateo de Santiago de Compostela,  trasladouse a Valencia onde estudou deseño de produto, para continuar a súa formación na Scuola Politécnica di Milano, onde tivo a oportunidade de aprender de profesionais como Odoardo Foiravanti, Huub Ubbens ou Matali Crasset. Isaac Piñeiro ten deseñado para firmas como Sancal, Pott, Ferrero Italia, Mobenia ou Omelette Editions. O principal obxectivo do deseñador Isaac Piñeiro é crear produtos intuitivos baseados na procura da eficiencia na concepción, produción e deseño. O seu traballo foi publicado e exhibido en varios medios de comunicación, museos e feiras internacionais. Un dos seus últimos recoñecementos foi o premio Best of the Year 2017 da revista Interior Design Magazine pola súa colección de asentos Tortuga.

Fotografía Roi Alonso