DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Mª Elena Montero e Luís Seoane. Tecendo a historia

Mª Elena Montero e Luís Seoane. Tecendo a historia. Vista de sala

DIDAC. Santiago de Compostela

Luis Seoane. María Elena Montero

20 febreiro, 2019 a 10 abril, 2019

A finais dos anos setenta, Luís Seoane e a artesá María Elena Montero crearán conxuntamente unha serie de tapices que non volveron ser vistos en conxunto desde a súa presentación na Galería Citania, en Santiago de Compostela, hai hoxe corenta anos, os mesmos que do pasamento do artista Luís Seoane.

A Fundación DIDAC recupera estes tapices da man da súa coautora e tecedora María Elena Montero, ata hoxe á súa custodia, poñendo en valor a súa autoría ao carón do grande artista Luís Seoane, quen sempre recoñeceu o seu labor, e de feito levan as dúas firmas.

Na Fundación DIDAC poderanse ver o conxunto dos tapices, xunto con algúns dos cartóns orixinais e pantonarios. Tamén se mostrarán fotos nunca publicadas, o debuxo-logotipo da empresa que pensaban fundar entre ambos para comercializar estes tapices -un esquío-, e un texto que en 1979 realizará Isaac Díaz Pardo e que permaneceu inédito ata hoxe.

Fotografías: Memel