DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Sandra Cinto. Noturno

Sandra Cinto. Appleton. Lisboa
Sandra Cinto. Appleton. Lisboa
Sandra Cinto. Appleton. Lisboa
Sandra Cinto. Appleton. Lisboa
Sandra Cinto. Appleton. Lisboa
Sandra Cinto. Appleton. Lisboa


Appleton Square. Lisboa


Sandra Cinto

14 maio, 2019 a 26 xuño, 2019

O de Sandra Cinto é un traballo que abraza ao afectivo, deses que entenden que o revolucionario non debe chegar desde a violencia senón dende o respecto. Seguramente ese é o verdadeiro lugar da arte e por iso a artista propón unha viaxe sobre o presente, universal e individual, expandido aínda cando a súa dirección é cara adentro, revelando un particular compromiso con ese presente que, en moitos casos, tínguese de negro e apágase. Porque Noturno é a ocultación dunha desesperanza paradoxicamente esperanzadora. De aí esa sensación abismal. A paisaxe ofrécesenos como desposesión e a súa inmensidade convoca unha nostalxia indescritible. As imaxes flotan como ruínas da memoria, invitando a adentrarse na beleza do inconmesurable dunha paisaxe desprovista de figuras, como na pintura romántica, aquela que se agarrou á viaxe onírica da noite. Esa grandeza das tebras é asumida pola  Canción de noche que Nietzsche pon en boca de Zaratustra. Porque na noite a paisaxe difumínase e hai que ser valente para poder avanzar.

Fragmento do texto de David Barro comisario da exposición

 

Fotografías: Photodocumenta