DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Verónica Moar. Lítica

Verónica Moar. Lítica


DIDAC. Santiago de Compostela


Artistas: 

Verónica Moar

Una exposición de Verónica Moar
con la intervención/ participación de
Ruth Balvís - danza contemporánea
Antía Otero - poesía
Nova-Garda - diseño
Roberto Casteleiro - música y sonido
Cristina de la Torre - vídeo
Ound - vestuario

13 abril, 2019 a 27 abril, 2019

En palabras do escultor Eduardo Chillida:

“A aventura, cando busca o descoñecido, pode ás veces levarnos cara á arte (…) O artista trata de facer o que non sabe facer nesa aventura.”

A exposición centrarase nunha selección da obra de Verónica Moar máis recente dentro do ámbito da cerámica artística. Trátase dunha serie de pezas inéditas elaboradas en porcelana que son o resultado do proceso de experimentación e investigación levado a cabo durante este último ano.

Baixo o título LÍTICA[1] , a mostra é unha clara reflexión sobre as fronteiras actuais da cerámica como material pero tamén como recurso expresivo. Con todo, non se limitará exclusivamente a esta disciplina senón que tras ela subxace o interese e a necesidade de fusionar tres expresións culturais que, a priori, carecen dunha conexión para finalmente derivar nunha proposta máis ampla.

A principal motivación é expandir o enfoque e abrilo á colaboración, sobre todo, con outras mulleres que acheguen a súa voz, a súa propia visión e favorezan ao crecemento, enriquecemento e evolución do conxunto da obra para poder ir transitando desde a idea de algo inerte e estático (peza cerámica-exposición) cara a algo móbil e inmediato (corpo, voz- performance). Para iso, o día da inauguración, contará coa colaboración da poeta Antía Otero e da bailarina e directora artística Rut Balbís.

 

[1] Pertencente ou relativo á pedra



Inauguración sábado 13 ás 12.30 h