DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Talleres "Contos desde o tellado"

 
MINI-DIDAC
DIDAC. Santiago de Compostela

venres, 16 febreiro, 2018 -
18:00 a 20:00

Precio matrícula: 
20.00
euros

Idade dos nenos/as: De 5 a 9 anos Nº de prazas: 20 nenos/as O prezo da matrícula é de 20€ (un neno/a) / 30 € (dous irmáns/ás) / 35€ (tres irmáns/ás) por cada taller.

O venres 16 de febreiro comezamos o ciclo “Contos desde o tellado”, onde iniciaremos a nenos e nenas entre 5 e 9 anos ao apaixonante mundo do álbum ilustrado. Percorreremos técnicas que, da man de Lois Guillán e varios ilustradores, levarannos a través dos sendeiros do maxín e da creatividade. Todos os nenos e nenas que participen no taller, recibirán un exemplar dun álbum ilustrado de xeito gratuíto, que se editará cando remate o ciclo e que recollerá as ilustracións dos pequenos creadores.

No taller do 16 de febreiro contaremos coa ilustradora Bea Lema.

Para realizar a inscrición é necesario encher o formulario que aparece a continuación e remitilo ao correo electrónico actividades@didac.gal.