DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Con-secuencias. Colección DKV. Obradoiro MINI-DIDAC con Christian García Bello.

Taller Christian Garcia Bello
 
MINI-DIDAC
DIDAC. Santiago de Compostela

sábado, 24 marzo, 2018 - 12:00

Precio matrícula: 
8.00
euros

Con motivo da exposición Con-secuencias. Colección DKV que se celebra en tres espazos culturais de Santiago de Compostela: a Fundación Eugenio Granell, a Igrexa da Universidade e a Fundación DIDAC e que reúne a un total de 40 artistas, continuamos ensinando a arte contemporánea aos máis cativos. Dentro do programa MINI-DIDAC realizaremos dous obradoiros con artistas galegos que forman parte da Colección DKV.

Obradoiro con Christian García Bello

A partir da peza Refugio mínimo para lugar limítrofe de Christian García Bello (A Coruña, 1986), exposta na Fundación Eugenio Granell, os nenos e nenas que participen na actividade explorarán a idea de refuxio en relación á escultura. O obradoiro, que será dirixido pola educadora Alba Cacheda, contará coa presenza de Christian García Bello quen achegará os seus coñecementos sobre escultura contemporánea aos pequenos creadores.

A actividade dará comezo na Fundación Eugenio Granell onde os e as participantes verán a peza de Christian García Bello. Tras unha breve presentación, os nenos/as serán trasladados á Fundación DIDAC onde continuarán co obradoiro.

Lugar de inicio: Fundación Eugenio Granell
Lugar de finalización: Fundación DIDAC
Data: Sábado 24 de marzo
Horario: 12:00 h a 14:00 h
Nº de prazas: 20 nenos/as
Idade dos nenos/as: de 5 a 9 anos
Prezo: 8€ un neno/a // 14€ dous irmáns/ás

Para realizar a inscrición é necesario encher o formulario que aparece a continuación e remitilo cuberto a actividades@didac.gal.