DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Vitor Vaqueiro

Vítor Vaqueiro
 
curso-formacion
DIDAC. Santiago de Compostela

martes, 16 outubro, 2018 - 19:00

Exilios exteriores e interiores. De Mariñeiros(1936) a Imaxes abandonadas (1999)
Esta palestra, Exilios exteriores e interiores. De Mariñeiros (1936) a Imaxes abandonadas(1999), percorre o período comprendido entre a primavera que precedeu ao levantamento golpista de 1936 e o remate do século XX, etapa na que se sitúan, respectivamente, a obra galega e a desenvolvida mais alá das nosas fronteiras por José Suárez e a realizada dentro de Galicia por Ricard Terré, notadamente os seus traballos sobre o Entroido, as Romarías e as Imaxes relixiosas. Ao pé da análise da obra dos fotógrafos alaricano e catalán, pásase revista á globalidade das de Blanco Amor (Galiza, Chile, Marrocos) e Virxilio Viéitez (Galiza) así como ao traballo Emigración, de Manuel Ferrol, conectando os proxectos fotográficos de todos eles cos vitais que, ben por motivos políticos, ben económicos, ben pola indixencia intelectual propia da ditadura, están atravesados pola idea de exilio.

Galicia. Un século de creación. 1916-2016