DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Observatorio

 
Na exploración da creación contemporánea, cremos necesario facilitar o achegamento aos seus protagonistas. Por todo elo, poñemos a disposicións os seguintes canles de coñecemento: arquivodidac.gal [en construcción], un corpo documental online en constante crecemento onde coñecer o traballo e traxectoria dos creadores do eixo atlántico; Colección Documental, centrada no campo do deseño e a arte contemporánea; e a nosa liña de publicacións.
 
 

Arquivodidac.gal

Arquivo en constante actualización onde se compila unha serie de obras de creadores contemporáneos, prestando especial atención a artistas e deseñadores, arquitectos, cineastas, músicos, escritores e axentes culturais de Galicia e Portugal.

arquivodidac.gal [en construcción]

 

Publicacións

En liña coa actividade da súa empresa fundadora, DARDO —coñecida polo seu labor editorial e de diseño—, DIDAC pretende desenvolver unha liña de publicacións que acompañe as súas exposicións e actividades, así como unha intensa actividade editorial a partir de coproducións con institucións ou particulares con fins comunes.

 

 
 

Colección documental

Coa intención de xerar un mapa documental do acontecido en Galicia e Portugal dende os anos setenta ata hoxe, este arquivo reúne informacións primarias, catálogos, revsitas, carteis, fotografías, libros de artista e obras de arte que contribúen ao estudo dos campos de deseño e da arte contemporánea a partir dalgúns do seus máis destacados protagonistas. Colección Documental é un legado, esencialmente visual, desenvolvido dende o específico dos seus ámbitos xeográficos ata a súa contextualización con artistas, deseñadores, exposicións e eventos de carácter internacional. A voluntade de difusión de DIDAC permitirá a consulta parcial destes fondos (previa cita) para investigadores e especialistas, procurando tamén a proxección dos seus contidos mediante exposicións e publicacións físicas o virtuais. Cunha organización cronolóxica que nace co primeiro número do Laboratorio de Formas de Galicia en 1970, e cun marco conceptual que pon o seu énfase a finais dos anos setenta, cando o contexto cultural galego e o portugués se reconfiguran —no primeiro caso, tras a apertura democrática e a euforia propositiva do estado das autonomías; no segundo a partir do punto de inflexión que supoñen os años do proceso revolucionario—, Colección Documental asume unha vocación contemporánea e aposta por difundir e catalogar o día a día da creación máis actual.

Galego