DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Residencias

Residencias

DIDAC presenta dúas residencias para artistas, ambas sen fins lucrativos e co obxectivo de favorecer o intercambio entre creadores, axentes e o contexto. Residencia Paulo Reis desenvólvese en colaboración con Ateliê Fidalga de São Paulo, que ven realizando xa estas residencias desde hai uns anos, e implica a inmersión temporal dun creador nun novo espazo de traballo e contexto alleo, experiencia que pode derivar tamén nunha exposición ou proxecto específico. A Residencia Monteagudo, pensada para artistas cunha traxectoria destacada, permite convivir co espazo natural galego e dispón dunhas equipacións específicas especiais ao vincular arquitectura e paisaxe dun modo singular. Ambas as residencias son por invitación dos xestores ou promotores e ambas adáptanse ás circunstancias concretas de cada creador; por suposto, acéptase e agradece o contacto previo ou o envío de dossieres dos creadores interesados.
Os interesados poden escribir a: info@didac.gal

 
Residencia Paulo Reis
 
Residencia Monteagudo
 

Programa Telémaco

O programa Telémaco consiste nunha serie de mestrías individualizadas, onde durante un período de tempo determinado un axente creativo, deseñador, arquitecto, comisario ou empresa de recoñecida traxectoria e experiencia convértese en mentor, xerándose así un diálogo enriquecedor entre culturas e disciplinas, e sobre todo, a transferencia e conservación interxeracional dos oficios e as ideas.
Os interesados poden escribir a: info@didac.gal