DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Residencias

Residencias

DIDAC organiza residencias para artistas, ambas sen fins lucrativos e co obxectivo de favorecer o intercambio entre creadores, axentes e o contexto.

 

Residencia Paulo Reis desenvólvese en colaboración con Ateliê Fidalga de São Paulo, que ven realizando xa estas residencias desde hai uns anos, e implica a inmersión temporal dun creador nun novo espazo de traballo e contexto alleo, experiencia que pode derivar tamén nunha exposición ou proxecto específico.
Os interesados poden escribir a: info@didac.gal

 
Residencia Paulo Reis
 

Programa Telémaco

O programa Telémaco consiste nunha serie de mestrías individualizadas, onde durante un período de tempo determinado un axente creativo, deseñador, arquitecto, comisario ou empresa de recoñecida traxectoria e experiencia convértese en mentor, xerándose así un diálogo enriquecedor entre culturas e disciplinas, e sobre todo, a transferencia e conservación interxeracional dos oficios e as ideas.
Os interesados poden escribir a: info@didac.gal