DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Román Padín

Román Padín
 
curso-formacion

Galicia. Un século de creación. 1916-2016

DIDAC. Santiago de Compostela

martes, 15 xaneiro, 2019 - 19:00

Galicia Moda Século XXI.

Sostenibilidade, e-commerce, tecnoloxía, creadores.

O século XXI se contextualiza na filosofía do capitalismo estético, onde deseño e moda son profusos. A segunda das charlas de moda tratará da moda galega fronte ás grandes corporacións, os nichos de mercado, os novos creadores, o comercio dixital, a tecnoloxía e a sostenibilidade.

Román Padín Otero (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra, 1966) é licenciado en Dereito e doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo coa tese A articulación da moda no espazo museístico no cambio de milenio. Traballou en diversos sectores industriais, comerciais e artísticos. Dende o ano 2000 é colaborador periódico en prensa escrita e online en temas culturais en publicacións como El Correo Gallego, Faro de Vigo, Artnotes, W art, Magalari, Cavatina, Anuario del diseño, Revista El Duende, Revista Loocou, Serendipia. Tamén colaborou en festivais como o Via Stellae e institucións como Auditorio de Galicia ou CGAC e dictou conferencias sobre moda e arte na Universidade de Vigo e Universidade de Santiago, Museo de Reproducciones de Bilbao e o MAC de A Coruña. Dende 2008 é profesor invitado en Esdemga.