DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Cabanas, Xaime

 

A Coruña, 1953 – 2013

Artista plástico

Revista A Galga

A Galga n.º cero, 1978

A creatividade de Correa Corredoira e de Xaime Cabanas forma parte da súa forma de ser e as súas obras están cheas de sensualidade, de vida, de dor. Ambos comezaron a destacar no mundo das artes nos setenta e máis tarde fundaron o colectivo A Galga, xunto a outros artistas, creadores e poetas de espírito crítico e comprometido, coa intención de transformar a arte daquel momento. O colectivo tiña un carácter informal, non prestando moita atención aos protocolos asociacionistas, porque o importante era o impulso e a posible influencia no mundo cultural. Chegaron a programar accións controvertidas do que ata entón podíase atopar en Galicia. Coa ansiedade por modernizar o panorama cultural coruñés publican o número A Galga n.º cero, creado en 1978 pero presentado anos despois, que nace da vontade de chegar á renovación da arte desde ámbitos moi diversos, como a poesía experimental ou o cómic.