DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Carballo, Luis

 

Xinzo de Limia, 1938 - Vigo, 2019

Deseñador, editor e publicista.

La arruga es bella

Fabricante: 
Adolfo Domínguez

Campaña de publicidade “La arruga es bella” (A engurra é bela) para Adolfo Domínguez

Luis Carballo foi un publicista e deseñador referente no sector da moda en Galicia, da que será o gran impulsor da súa imaxe e chave da súa expansión nos anos oitenta. No ano 1959 fundou a súa axencia de publicidade e realizou importantes campañas, das que “La arruga es bella” (A engurra é bela) para Adolfo Domínguez é unha das máis recoñecidas. Adolfo Domínguez introduciu o liño na moda e colaborou con Luis Carballo para realizar a campaña de presentación da nova colección, buscando sinalar que, aínda que a roupa non estivese perfectamente planchada, podía ser igualmente elegante, servindo o liño case coma segunda pel. O slogan “La arruga es bella” conseguiu ir máis alá do estético para reivindicar a naturalidade.

 

(Xinzo de Limia, 1938 - Vigo, 2019)

Deseñador, editor e publicista.

O Pelegrín

Deseño da mascota e logotipo do Xacobeo 93

Luis Carballo foi un publicista e deseñador ourensán referente no sector. No ano 1959 fundou a súa axencia de publicidade e realizou importantes campañas para a moda galega, sendo o clásico eslogan "La arruga es bella" para Adolfo Domínguez unha das máis mencionadas. Foi tamén fundador da revista Galicia Moda, referente no sector textil dos anos 80. Un dos seus traballos máis icónicos é O Pelegrín, a mascota do Xacobeo de 1993 que supuxo un impulso para o Camiño de Santiago, converténdose en todo un símbolo e alcanzando o recoñecemento internacional. Foi reproducido en todo tipo de formatos: en pins, camisetas, gorras, souvenirs... Desde a sinxeleza dos trazos e a síntese formal, representa a prototípica imaxe dos peregrinos xunto co bastón e a cabaza. Trátase dun deseño alegre, colorido e rompedor que logrou situar o Xacobeo no foco de atención mediante formas xeométricas simples e rotundas.