DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Europa

 

Alemania, 1893-1983

Artista e deseñadora industrial

Lámpada Kandem

mod. 1200

Os deseños da alemá Marianne Brandt son considerados precursores do deseño industrial contemporáneo. Brandt, que con anterioridade emprendera unha carreira como artista e que será unha excelente fotógrafa, asistiu ao curso preliminar de ingreso á Bauhaus impartido por Josef Albers e László Moholy-Nagy, que será o seu mentor no taller de metais, sendo Brandt a primeira muller en poder acceder a este. O uso de formas xeométricas sinxelas, claras e abstractas será tomado como guía por Marianne Brandt, que procurará as formas máis simples e depuradas nos seus deseños de obxectos domésticos como teteiras, cinceiros ou lámpadas. Inspirada na arte, traballará formas como o círculo, a esfera e o cilindro, como se pode apreciar nas lámpadas que deseñou para Kandem, que conxugaba a mobilidade da pantalla e o brazo. Ao saír de Bauhaus, traballou para Walter Gropius no seu taller e en 1930 converteuse na xefa de deseño de metal na fábrica Ruppel Metal Goods en Gotha. Anos máis tarde será profesora na Academia de Belas Artes de Dresde e na Academia de Arte Aplicada de Berlín, xa nos anos cincuenta. Casada co pintor noruegués Erik Brandt, do que tomou o apelido, naceu en Chemnitz en 1983 co nome de Marianne Liebe.

 

Helsinki, 1894-1949

Arquitecta e deseñadora

Prato e vasos Bölgeblick

Fabricante: 
Littala

1932. Cristal. 

Pioneira no deseño de interiores e de mobiliario, Aino Marsio Aalto foi unha das primeiras arquitectas finlandesas, aínda que moitas das súas obras foron atribuídas exclusivamente ao seu marido Alvar Aalto. Como deseñadora, manexou a pequena escala, xa sexa en arquitectura coas súas vivendas mínimas, como no deseño de cociñas ou en pequenas pezas de vidro para uso doméstico, como as que deseñou para a empresa finlandesa littala. Un exemplo paradigmático é a súa serie de cristal Bölgeblick [vista de ondas], deseñada en 1932 e merecedora da Medalla de Ouro de Deseño da VI Trienal de Milán en 1936. Tamén o deseño do soado vaso Saboy, en coautoría con Alvar Aalto. Aino Marsio recreábase no detalle e nas texturas, sempre desde o funcional e racional, así como cun respecto polo material, sen grandes alardes estéticos nin económicos. Os aros son exemplo dese interese práctico, unha vez que servían para ocultar as irregularidades dun vidro barato prensado. O humano, o cotián e o íntimo dominan o deseño de todos os seus obxectos e arquitecturas, sempre a partir de ideais funcionais e utilitarios. Nada en Helsinqui, graduose como arquitecta no Instituto de Tecnoloxía da súa cidade. En 1935 os Aalto fundaron Artek, unha marca dedicada á creación de accesorios e mobiliario na que combinaban arte e técnica.

 

Italia, 1909-1994

Deseñador gráfico editorial e pintor

Deseño da Colección Austral de Espasa-Calpe

En 1937 naceu a colección Austral de Espasa Calpe, pioneira en coleccións de bolsillo en español. O deseño, cun recadro branco enmarcado nun fondo que reproduce a ampliación dunha trama de offset e a ilustración dunha cabra con estrelas que representa a constelación de Capricornio, débese ao deseñador italiano Attilio Rossi, exiliado en Bos Aires desde 1935. Estas tramas cromáticas variaban a súa cor segundo se o libro era de poesía, ensaio, narrativa ou ciencias. A idea da colección foi do entón director de Espasa-Calpe en Arxentina Gonzalo Losada, que encargara o proxecto a Guillermo de la Torre, coñecido impulsor do ultraísmo. Segundo o testemuño de Losada, Rossi elexira como logotipo da colección un oso branco que finalmente desvotaron porque ao presentar o boceto en presencia de Norah e Jorge Luis Borges, este último advirtiu que os osos non vivían no hemisferio sur, polo que o cambiaron pola constelación zodiacal de Capricornio, cunha cabra que na su cola, rematada en forma de folla, remite a marca de impresor de Aldo Manuzio.

 

Marie Neurath: 

Alemania, 1898 – Reino Unido, 1986

Deseñadora e cintífica social

J. A. Lauwerys:

Bruselas, 1902 – Reino Unido, 1981

Educador

The First Great Inventions

Max Parrish & Co

Co obxectivo de mellorar a comunicación pedagóxica na Europa de entreguerras naceu unha maneira de ordenar a información a partir de signos visuais ou pictogramas estatísticos que permitían vencer as limitacións da linguaxe verbal. Este proxecto coñeceuse como «o método vienés», pero pronto foi denominado Isotype (International System of Typographic Picture Education). O seu creador foi o sociólogo Otto Neurath, pero en todo iso foi fundamental a científica e matemática María Reidermeister —máis tarde coñecida como Marie Neurath—, que encabezaba un equipo capaz de transformar en diagramas os datos verbais para traballar en colaboración con artistas gráficos a súa execución final. Marie Neurath producirá máis de oitenta libros infantís dunha calidade asombrosa, onde a cor se emprega para engadir significado e claridade, nunca como decoración. Aprehender o esencial, saber utilizar a comparación, dirixir a atención e auscultar o sentido de todos os detalles da imaxe eran claves imprescindibles para ela que conseguía resolver ao traballar con equipos de investigadores, escritores e ilustradores, dirixindo todas as etapas do proceso para acadar unha precisión científica.

 

Glasgow, 1966

Artista multimedia. Premio Turner 1996

You’re closer than you know; I’m closer than you think

Hai anos unha exposición titulada El espacio intermedio no MACUF de A Coruña tiña como punto de partida unha obra conceptual do artista escocés Douglas Gordon. Tiña a particularidade de terlle «acontecido» a David Barro, un dos comisarios. Dúas cartas enviadas polo artista á súa dirección o mesmo día pero dende dúas cidades distintas, Oporto e Nova York. O punto de partida é diferente e provoca o retardo na recepción dunha das cartas unha semana. O compoñente temporal define a idea de distancia á vez que o artista válese do medio escrito para facer que o receptor —espectador e protagonista—, reformule a imaxe da mesma e a cercanía ou lonxanía do artista, confundindo todo nun xogo espazo-temporal no que a non-presenza do emisor convértese na desconcertante imaxe da distancia: «Estou máis preto do que pensas; Estás máis preto do que cres».

 

Austria, 1917

Arquitecto e deseñador

Máquina de escribir Valentine

Fabricante: 
Olivetti

Ettore Sottsass cultivou áreas como o deseño de produto e mobiliario, a xoiaría, o interiorismo ou a maquinaria de oficina. Traballou como consultor para Olivetti, procurando produtos suxestivos co obxectivo de optimizar a funcionalidade e captar a atención das demandas populares mediante solucións formais e cromáticas innovadoras. O seu afán investigador lévalle a fundar, xunto a Bárbara Radice, o coñecido Grupo Memphis en 1981.

A máquina de escribir é o son do século xx. Os modelos de Olivetti convertéronse en emblemas da modernidade e, cada vez máis, procurouse un equilibrio entre as capacidades funcionais, as emocionais e as estéticas. Para Olivetti deseñaron máquinas creadores da talla de Mario Bellini, Marcello Nizzoli ou Ettore Sottsass, que en 1969 deseñará xunto a Perry King a máquina portátil Valentine, unha das máis atractivas, moi ligada á cultura pop e que se fabricou en vermello, branco e azul. Lixeira como poucas, co seu maletín incorporado como unha peza máis, a Valentine deseñouse para todos os ambientes menos para o de oficina. O plástico era o material de moda e as súas teclas flotantes permitían un deseño distinto, ata o punto de converterse nunha icona do deseño industrial.

 

Oporto, 1996

Axencia de creatividade e deseño estratéxico

Pezas gráficas en azulexo da gráfica corporativa da cidade de Oporto

Un caso de éxito recente no que se refire a identidade visual dunha cidade é Porto, que partindo da súa tradición histórica co azulexo proxectará unha nova imaxe en base a sinxelos pictogramas azuis. O responsable do proxecto foi White Studio, da man do seu fundador Eduardo Aires, que confesará que, neste caso, o briefing estaba ben definido, o que facilitou o seu desenvolvemento. Así, prescindirán de calquera imaxe para quedar co nome da cidade. A tipografía, sólida e sensual, de caracteres moi próximos entre si, potencia a palabra, que acaba cun punto sobre o que cae o gran peso visual. «Porto.» é, ademais, de cor azul, a cor das súas igrexas e edificios revestidos de azulexos, que son unha especie de retrato estático da vida urbana. O azulexo interesoulles tamén pola reixa que resalta a súa ortogonalidade. A partir de aí, xurdirán os pictogramas que poden reflectir vivencias particulares ou experiencias peculiares, pero sobre todo a afirmación dunha cidade e unha historia sen ostentacións.

 

Alemania, 1922 - 1991

Deseñador gráfico e tipógrafo alemán que apostou polo deseño como motor para a consolidación da empresa e o mundo industrial, coa convicción das posibilidades transformadores do deseño na sociedade. Foi un dos fundadores da Hochschule für Gestaltung Ulm (HfG, Escola Superior de Deseño de Ulm, 1953) e está considerado un dos deseñadores europeos máis influentes do século XX. Entre os seus proxectos destacan as imaxes corporativas de Braun, Lufthansa, ERCO e dos Xogos Olímpicos de Múnic.

Cartel informativo para os Xogos Olímpicos de Múnic

A sistematización do programa de Otl Aicher para os XX Xogos Olímpicos de Múnic (1972) levoulle a realizar un manual de identificación para a aplicación do símbolo creado —unha sorte de sol en espiral— e a elixir a paradigmática Univers de Adrian Frutiger como tipografía. Ademais, estableceu un sistema de retícula e restrinxiu a paleta cromática para lograr unha maior harmonía visual. Para cada deporte deseñou un pictograma, algo que herdarán outras edicións como a destacada XXIII Xogos Olímpicos de Los Ángeles en 1984. De fácil identificación, evitando calquera tipo de barreira lingüística, Aicher conseguirá sistematizar aínda máis o logrado por Lance Wyman e Eduardo Terrazas catro anos antes para os Xogos celebrados en México, onde a funcionalidade da sinalización levou á seguinte afirmación en The New York Times: «Aínda que sexa analfabeto en calquera idioma, poderá desenvolverse na súa contorna, mentres non sexa daltónico».

 

Londres, 1958

Creador multidisciplinar pop minimalista

Deseño de reloxo Swatch para o 40 aniversario do Festival de Jazz de Montreal

Nas obras de Julian Opie a distancia ante o retratado resulta clave porque, como espectadores, podemos ver o noso propio reflexo, xa que a televisión e a publicidade, a moda ou o cine, fannos totalmente intercambiables. Coas súas obras rescata a importancia da contemplación como exercicio visual. Porque as súas imaxes non traen ningunha mensaxe, maniféstanse como recipientes de significados diversos sacados tanto da historia das imaxes como da experiencia visual do público. Julian Opie busca a asociación visual, fragmentando a experiencia da nosa mirada a partir dunha contemplación máis pura que converte o cotiá en icónico e a nosa presencia nunha sorte de logotipo. De ahí que en moitos casos se acercara ao deseño, como cando deseña un reloxo para Swatch con motivo do 40 aniversario do Festival de Jazz de Montreal ou unha portada para o grupo Blur.

 

Londres, 1958

Creador multidisciplinar pop minimalista

Deseño de portada para Blur: the best of

Nas obras de Julian Opie a distancia ante o retratado resulta clave porque, como espectadores, podemos ver o noso propio reflexo, xa que a televisión e a publicidade, a moda ou o cine, fannos totalmente intercambiables. Coas súas obras rescata a importancia da contemplación como exercicio visual. Porque as súas imaxes non traen ningunha mensaxe, manifestanse como recipientes de significados diversos sacados tanto da historia das imaxes como da experiencia visual do público. Julian Opie busca a asociación visual, fragmentando a experiencia da nosa mirada a partir dunha contemplación máis pura que converte o cotiá en icónico e a nosa presencia nunha sorte de logotipo. De ahí que en moitos casos se acercara ao deseño, como cando deseña un reloxo para Swatch con motivo do 40 aniversario do Festival de Jazz de Montreal ou unha portada para o grupo Blur.

Páxinas