DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Gordillo, Luis

 

Sevilla, 1934. Artista.

Debuxos sobre portadas de DARDOmagazine

Poucos artistas foron tan insistentes á hora de perseguir a imaxe. Nas súas obras, a imaxe sempre será a imaxe e o seu dobre, o positivo e o seu negativo, a dobrez ou o seu desdobramento. Os xogos
esaxerados, as negacións iconoclastas, a orde desordenada e unha condición neobarroca caracterizan un traballo que é un interminable crebacabezas. Porque Luis Gordillo é un equilibrista das formas,
moitas veces desde o humor, como no caso dos seus debuxos para as portadas de Dardomagazine.

 

Sevilla, 1934

Artista

Charles Darwin Evoluciona

Serigrafía H.C. 140 x 100 cm

Poucos artistas foron tan insistentes á hora de perseguir a imaxe. Nas súas obras, a imaxe sempre será a imaxe e o seu dobre, o positivo e o seu negativo, a dobrez ou o seu desdobramento. Os xogos esaxerados, as negacións iconoclastas, a orde desordenada e unha condición neobarroca caracterizan un traballo que é un interminable crebacabezas. Porque Luis Gordillo é un equilibrista das formas, moitas veces desde o humor, como no caso dos seus debuxos para as portadas de Dardomagazine, outras desde a abstracción, como na obra Charles Darwin Evoluciona, que pertence á serie Arquipélago editada por La Caja Negra e onde se advirten as disonancias de cores, así como o gusto por deformar as formas e tornalas vibrantes. Unha obra representativa do seu método, baseado na seriación, a alteración e a reconstrución de imaxes.