DARDO Instituto do Deseño e das Artes Contemporáneas

Hamilton, Patrick

 

Lovaina, Bélxica, 1974

Artista

Abrasive painting

Acrílico e papel lixa sobre tea
100 x 80 cm

Cunha obra de carácter conceptual, dende finais dos anos noventa o traballo de Hamilton tivo como fío condutor a reflexión e cuestionamento dos conceptos de traballo, desenvolvemento económico, mito e historia no contexto das últimas décadas en Chile, en particular do período coñecido como post-ditadura. A modo dunha «arqueoloxía do neoliberalismo» a súa obra e o seu pensamento visual poderían entenderse como un retrato poético dos complexos procesos económicos e culturais que sufriu Chile -e tantos países ao redor do mundo- nas últimas décadas, baixo o influxo e crise do sistema de mercado. O seu interese polo económico e o consumo como revisión crítica da historia e do presente, acompáñase dun incuestionable coñecemento da historia da arte e as súas derivas, o que supón un gran enriquecemento para a súa extrapolación plástica. O seu traballo sitúase na intersección da pintura, a escultura, a instalación e a arquitectura, proxectándose entre o material e o ilusorio, o social e o doméstico, o político e o poético, o ornamental e o monumental, o público e o privado.