La arruga es bella
Xinzo de Limia, 1938 - Vigo, 2019
Deseñador, editor e publicista.
La arruga es bella
Campaña de publicidade “La arruga es bella” (A engurra é bela) para Adolfo Domínguez
Luis Carballo foi un publicista e deseñador referente no sector da moda en Galicia, da que será o gran impulsor da súa imaxe e chave da súa expansión nos anos oitenta. No ano 1959 fundou a súa axencia de publicidade e realizou importantes campañas, das que “La arruga es bella” (A engurra é bela) para Adolfo Domínguez é unha das máis recoñecidas. Adolfo Domínguez introduciu o liño na moda e colaborou con Luis Carballo para realizar a campaña de presentación da nova colección, buscando sinalar que, aínda que a roupa non estivese perfectamente planchada, podía ser igualmente elegante, servindo o liño case coma segunda pel. O slogan “La arruga es bella” conseguiu ir máis alá do estético para reivindicar a naturalidade.