Luis Seoane. Obra poética
Deseñador.
A Coruña, 1949.
Luis Seoane. Obra poética
Fillo do polifacético Isaac Díaz Pardo e alumno de Luis Seoane —que será unha influencia fundamental como tamén o será José Martínez Guerricabeltia, creador e director da editorial parisina Ruedo Ibérico e gran coñecedor da tipografía contemporánea—, Xosé Díaz naceu nun mundo de formas, gráficas, deseño e industria. Graduado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, foi membro fundador de Grupo Revisión e en 1995 emprende a súa traxectoria en solitario con Imago Mundi Deseño. Seguindo o seu particular linguaxe analítico, Xosé Díaz da forma á portada do libro Luis Seoane. Obra poética editado por Edicións Do Castro, onde xenera unha sorte de retícula que emprega a repetición, as formas xeométricas e a combinación da cor e a escala de grises como recursos plásticos.