Marta Lojo consolidouse como especialista en deseño gráfico de marcas nacionais e internacionais, sobre todo no sector alimenticio e de bebidas. O seu estudo conseguiu embotellar a creatividade galega e levala ás adegas de todo o mundo. No deseño das etiquetas de albariño Paco y Lola (2007), xunto ao director creativo Kike López, crearon un proxecto que fose exportable para vender no mercado asiático e para iso recorreron a unha icona da cultura española, os lunares, para que o cliente o situase rapidamente en España. Trátase dunha imaxe notoria e arriscada, con ganas de saírse do establecido. Unha das claves coa que traballa esta deseñadora é primeiro estudar ao público e segundo comprender a filosofía da marca. Poderíase dicir que cada proxecto é único, no seu proceso de creación realiza unha intensa investigación de mercado do usuario que o vai a consumir, concibindo unha marca que encaixa á perfección cos obxectivos do fabricante. Co deseño de etiquetas a deseñadora pon en valor o produto contando e ofrecendo máis que o simple contido.